Metropolis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Cine 1927" pola categoría "Cine en 1927"
Jglamela (conversa | contribucións)
Homónimo
Liña 28:
O guión foi escrito por [[Fritz Lang]] e a súa muller [[Thea von Harbou]], inspirándose nunha [[novela]] de [[1926]] da propia Von Harbou. Está protagonizado por [[Brigitte Helm]], [[Gustav Fröhlich]], [[Alfred Abel]] e [[Rudolf Klein-Rogge]].
 
''Metrópolis'' é un dοs poucos filmes considerados [[Programa Memoria do Mundo|Memoria do Mundo]] pola [[Unesco]] (outros son os filmes documentais dos irmáns [[Lumière]], ''[[Los olvidados (filme)|Los olvidados]]'', dirixida por [[Luis Buñuel]] de 1950 e ''[[The Wizard of Oz (filme de 1939)|The Wizard of Oz]]'' de [[Victor Fleming]] de 1939). Foi o primeiro en posuír esta categoría, amparado na vívida encarnación de toda a sociedade, e na profundidade do seu contido humano e social.
 
Feito en Alemaña durante a [[República de Weimar|período de Weimar]], ''Metropolis'' segue os intentos de Freder, o fillo do gobernante da cidade, e Maria, cuxo pasado non é explicado no filme, por superar o abismo que os separa nunha sociedade clasista. ''Metropolis'' foi rodada en 1925, e tivo un custo aproximado de 5 millóns de [[Reichsmark]]s.<ref name="HAJ">Hahn, Ronald M. / Jansen, Volker: Die 100 besten Kultfilme. Heyne Filmbibliothek, München 1998, ISBN 3-453-86073-X, S. 396 (''German'')</ref> Así, foi o filme que máis caro daquela época.<ref>{{cita web|título=Total Sci-Fi Online|url=http://totalscifionline.com/features/131-time-tunnel-metropolis|work=Time Tunnel: Metropolis}}</ref>