Fiestra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Funcionalidade: Bot: Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
toda vez que - dado que https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos
Liña 16:
Unha das principais misións que cumpre unha fiestra é a de ventilación, permitindo a través dela a comunicación do interior da estancia co exterior. É evidente que, tratándose dun recinto habitable, a exposición ó ambiente externo non pode ser permanente por razóns [[clima]]tolóxicas, de aí que se precise dispor dun sistema de peche eficaz. Porén, as follas da fiestra que serven de peche non deben impedir outro dos seus aspectos funcionais: a [[iluminación]]. Para permitir o paso da [[luz]] a través dela, as follas deben ser acristaladas. Malia que antes do [[século XX]] existían algunhas desvantaxes, como o excesivo soleamento interior ou a propia iluminación en circunstancias non desexadas e a redución do [[illamento térmico]], dadas as prestacións do [[vidro illante]] a principios do [[século XXI]], se pode considerar que estes inconvenientes xa están resoltos. Para paliar estes inconvenientes se utilizaron accesorios como as [[persiana]]s, as [[contra]]s e outros similares, que contribúen así mesmo á mellora do illamento, sen prexuízo de que, ademais, se utilice tamén vidro illante deseñado especialmente para esta fin.
 
Por último, outra das funcións que cumpre a fiestra é a de permitir as vistas a través dela. É moi común desexar ver cara o exterior sen que desde fóra se poida ver o que hai ou sucede dentro; unicamente é posible logralo con vidros altamente reflectantes baixo unhas condicións lumínicas determinadas. Toda vezDado que estas condicións varían, o efecto producido pode ser inverso ó desexado. Un exemplo son os chamados espellos-espía. Estes espellos actúan reflectindo as imaxes na cara do vidro con maior luminosidade. Na cara con menos luminosidade, un espectador pode ver a través do vidro o que sucede ó outro lado. En cambio, ó variar as condicións lumínicas, ambos lados permiten ver o que hai detrás aínda que con certa dificultade, debida á reflexión en ambas caras.
[[Ficheiro:Fiestra en casa galega.jpg|miniatura|Fiestra nunha típica casa galega.]]
Contribúen tamén á funcionalidade os variados modos en que poden manobrar as follas dunha fiestra. Baixo este punto de vista, e sen ánimo de efectuar unha relación exhaustiva, se cataloga unha fiestra como: