Reactor nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Reactor nuclear de fusión: Arranxos varios, replaced: Estados Unidos da América → Estados Unidos de América
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 52:
As reaccións de fusión nuclear xuntan dous núcleos atómicos para formaren un. Inicialmente, iso require unha cantidade moi elevada de enerxía para vencer a repulsión electromagnética inherente entre estes núcleos. A diferenza en masa entre os dous núcleos iniciais e aquel resultante da reacción (lixeiramente máis leve que a suma dos dous precursores) é convertida nunha enorme cantidade de enerxía conforme previsto polo [[Albert Einstein|Einstein]], na súa ecuación E=mc<sup>2</sup>.
 
Xa que os núcleos de elementos máis leves se fusionan máis facilmente que aqueles de elementos máis pesados, o [[hidroxeno]], o elemento máis leve, e tamén o máis abundante do universo, é o mellor combustíbel para fusión. De feito, unha mestura de dous dos isótopos de hidróxeno, o [[deuterio]] e o [[tritiotricio]] (D-T), presenta a razón máis baixa entre a enerxía necesaria para provocar a reacción de fusión e a enerxía (potencialmente moito maior) liberada por esta reacción; como proba diso, xurdiron os estudos e adaptacións da primeira [[bomba de hidroxeno]]. Por esta razón, a maior parte dos esforzos actuais para desenvolver un reactor de fusión de "primeira xeración" concéntrase na utilización do D-T como combustíbel.
 
Débese resaltar, porén, que existen mesturas alternativas que, a pesar de exixiren un fornecemento de enerxía inicial maior, serían máis simples de produciren e/ou controlaren e hai ata combustíbeis candidatos que non emitirían neutróns ao sufriren a reacción de fusión, os chamados combustíbeis aneutrónicos.