Factor biótico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Escasez > escaseza, insuficiencia.
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''factor biótico''' é calquera compoñente vivo dun [[ecosistema]] que afecta ás poboacións doutro organismo ou ao ambiente. Isto inclúe aos animais depredadores que consomenconsumen a ese organismo, ou a comida viva que o organismo consomeconsume. Os factores bióticos tamén inclúen a influencia humana, a de parasitos e patóxenos e as enfermidades que poden producir.<ref>[https://books.google.es/books?id=KnORBYSrdDMC&pg=PA43&dq=factores+bi%C3%B3ticos&hl=es&sa=X&redir_esc=y#v=onepage&q=factores%20bi%C3%B3ticos&f=false ''Ecología y medio ambiente'' páx. 43, en Google books]</ref><ref>[http://www.ib.usp.br/ecosteiros/costao%20web/costao/zonacao/bioticos.htm “Fa(c)tores bióticos” no sitio do Instituto de Biociências da Universidade de São Paulo, Brasil]</ref>
 
Os factores bióticos son xerados polos '''compoñentes bióticos''' do ecosistema, que onson os organismos vivos que o compoñen,. os cales podenPoden pertencer a tres clases:
 
* Produtores ([[autótrofo]]s): fundamentalmente as [[planta]]s e as [[alga]]s, que converten a enerxía da luz (por medio da [[fotosíntese]]) en materia orgánica, que será o alimento para outros organismos. En último extremo todo o ecosistema depende deles.
* Consumidores ([[heterótrofo]]s): son os animais, que se alimentan dos produtores (os herbívoros) ou doutros consumidores (os carnívoros).
* Descompoñedores: consomenconsumen os detritos deixados por outros seres vivos, e son os [[fungo (bioloxía)|fungos]] e microorganismos como as [[bacterias]]. Son fundamentais para degradar os restos orgánicos e pechar os ciclos bioxeoquímicos, que permiten reutilizar a materia.
 
Os seres vivos inflúen noutros tanto da súa especie coma doutras especies mediante as relacións intraespecíficas (familias, rabaños, colonias etc.) e interespecíficas ([[depredación]], [[parasitismo]], [[comensalismo]], [[simbiose]], [[antibiose]] etc.) que establecen entre eles. Todas as especies están influenciadas polos factores bióticos dun modo ou outro. Por exemplo, se se incrementa o número de depredadores, toda a rede trófica se ve afectada: diminuirán os herbívoros que eran as súas presas, aumentarán os produtores xa que hai menos herbívoros que os coman, e co tempo a escaseza de presas herbívoras repercutirá nos predadores. Os humanos xeran grandes e rápidos cambios no medio ambiente que causan a alteración de moitos hábitats. Unha [[especie invasora]] que entra nun ecosistema introduce un novo factor biótico ao que os demais organismos terán que adaptarse.
 
== Notas ==