Destrución do hábitat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 22:
}}</ref>]]
 
Os "puntos quentes" (''hotspots'') de biodiversidade son fundamentalmente rexións [[clima tropical|tropicais]] que presentan grandes concentracións de especies [[endemismo|endémicas]]. É posible que todos os ''hotspots'' combinados conteñan máis da metade das especies mundiais de animais terrestres.<ref name="Cincotta">Cincotta & Engelman, 2000</ref> Estes ''puntos quentes'' están experimentando enormes perdas de hábitat, xxa que cada un deles perdeu polo menos o 70% da súa vexetación primaria.<ref name="Cincotta" />
 
A maioría dos hábitats naturais de illas e lugares con alta densidade de poboación humana xa están destruídos (WRI, 2003). As illas que sufriron graos extremos de destrución do seu hábitat inclúen [[Nova Zelandia]], [[Madagascar]], [[Filipinas]] e [[Xapón]].<ref name="Primack">Primack, 2006</ref> O sur e leste de [[Asia]], especialmente [[China]], [[India]], [[Malasia]], [[Indonesia]] e Xapón, e moitas áreas en [[África occidental]] presentan poboacións humanas moi densas que deixan pouco lugar para os hábitats naturais. As zonas mariñas preto das cidades costeiras con poboación alta tamén presentan degradación dos seus [[arrecife de coral|arrecifes de coral]] e doutros hábitats mariños. Estas áreas inclúen as costas orientais de Asia e África, as costas norte de [[Sudamérica]] e o [[Mar Caribe]] coas súas illas.<ref name="Primack" />