Air Austral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Departamento de Reunión
m Arranxos varios
Liña 24:
}}
 
'''Air Austral''' é unha [[aeroliña]] francesa que ten a súa sede e a súa principal base de operacións no [[Aeroporto Roland Garros]] de [[Sainte-Marie]], [[Departamento de Reunión|Reunión]]. Realiza voos dende reunión ata a [[Francia]] metropolitana, [[Suráfrica]], [[Tailandia]], [[India]] e varios destinos no [[océano Índico]]. A compañía ten ao redor de 900 empregados.<ref name=TourMag>{{cita web|título=Air Austral : renfort de la flotte et ouverture Bordeaux et Nantes en février 2011|url=http://www.tourmag.com/Air-Austral-renfort-de-la-flotte-et-ouverture-Bordeaux-et-Nantes-en-fevrier-2011_a38960.html|editor=TourMag.com|dataacceso=15 de abril de 2014}}</ref>
 
== Historia ==
Air Austral creouna en decembro de [[1974]] o empresario local Gérard Ethève. Foi a primeira aeroliña comercial de [[Departamento de Reunión|Reunión]], coñecida como Réunion Air Services (RAS). Cara agosto de [[1977]] RAS iniciou servizos rexionais dende Sainte-Marie ata Mayotte cun [[Hawker Siddeley HS 748]] de 32 asentos. RAS converteríase en Air Réunion en decembro de [[1986]].
 
En outubro de [[1990]] Sematra, unha compañía pertencente nun 46% aos concellos locais de Reunion, mercou a aeroliña coas restantes accións en mans de bancos e investidores privados. Un mes despois Air Réunion convertiríase en Air Austral. Tras dous meses máis a aeroliña mercaría o seu primeiro [[Boeing 737|Boeing 737-500]]. Outro 737-300 foi adquirido en [[1994]], e en [[1997]] a compañía fíxose cun 737-300QC, que permitía o tráfico de pasaxeiros e carga. En [[2000]] a aeroliña recibiu un [[ATR-72|ATR 72-500]], un [[turbohélice]] de curto alcance. Cara entón, Air Austral operaba tanto dende o [[Aeroporto Roland Garros]] en Sainte-Marie como dende o [[Aeroporto de Pierrefonds]] en [[Saint Pierre]] con servizos cara [[Mayotte]], [[Xohanesburgo]], [[Comores]], [[Mauricio]], [[Seychelles]], e varios destinos en [[Madagascar]] ([[Antananarivo]], [[Tamatave]], [[Nosy Be]], [[Majunga]]).
 
En [[2003]] Air Austral lanzou o seu primeiro servizo de longa distancia entre Reunión e [[París]], con dous [[Boeing 777|Boeing 777-200ER]]. A estes uníuselles un terceiro en [[2005]]. A aeroliña abriría segunda ruta de longa distancia dende Reunión ata [[Marsella]] e [[Lión]]. En [[2007]] a aeroliña comenzou a voar cara [[Tolosa, Francia|Tolosa]] vía Marsella.