Rykodisc Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 23:
Co paso dos anos o selo adquiríu Hannibal Records, Tradition Records, Gramavision Records, Emperor Norton Records, Restless Records e, máis recentemente, Cordless Recordings. Rykodisc tamén fundou unha compañía de distribución, Ryko Distribution, e unha editorial de música, Rykomusic. O seu catálogo na actualidade ten máis de 1.200 títulos.
 
En [[1998]] Chris Blackwell deixou [[Island Records]] e mercou Rykodisc por 35 millóns de dólares, como unha forma de conseguir experiencia nona márketingmercadotecnia e distribución de música para a súa nova empresa, unha compañía chamada Palm Pictures. En [[1999]], un ano despois da compra de Blackwell, a oficina de Salem estaba pechada, e moitos dos veteranos da empresa foran despedidos. No ano [[2001]] Blackwell deixou Rykodisc e o selo entón trasladouse a [[Nova York]], con oficinas en [[Los Angeles]] e en [[Beverly, Massachusetts]].
 
Rykodisc distingue os seus CDs coas súas características caixas de plástico transparente verde, que a compañía leva usando dende [[1988]] O selo comezou a limitar o uso das caixas verdes nas novas edicións en [[2002]].
 
O [[23 de marzo]] do [[2006]] anunciouse que [[Warner Music Group]] adquirira a Ryko Corporation por 67,5 millóns de dólares. Cando Warner mercou Ryko, adquiríuadquiriu as cintas mestras que o selo tiña de [[Frank Zappa]], dándolle dereitos a Warner a calquera tipo de reedición; algo irónico debido ao odio que tiña Zappa contra Warner, de quen se separou con acritude en [[1979]]. Tamén no ano 2006, a editora independente EverGreen Copyrights mercou o catálogo de Rykomusic.
 
No ano [[2009]] Ryko Distribution pasou a formar parte de Alternative Distribution Alliance. Na actualidade, ADA actuaactúa como distribuidora para todos os lanzamentos de Rykodisc nos Estados Unidos.
 
== Véxase tamén ==