A Devesa, Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Economía: ferrocarril e ligazóns
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Monumentos: comunicacións (e ligazóns)
Liña 24:
O templo parroquial (a Igrexa de Santa Eulalia) é do [[século XVI]], pero con reformas posteriores. Dispón dunha nave con bóveda de aresta nos tres tramos, sobre arcos faxóns. Na fachada un arco escarzano e unha torre de dous corpos rematada pola cúpula de media laranxa. No seu interior, un retablo neoclásico do [[século XIX]] e tres barrocos do [[século XVIII|XVIII]]. En canto á orfebrería posúe tres cálices e un copón, de prata e ouro. Existen, ademais, dentro do térmo parroquial tres capelas, baixo as advocacions de Santa Filomena, San Roque e San Ramón (cun retablo barroco do XVIII, o que se lle incorporou un Cristo do [[século XVII]]). Na zona dos Castros consérvanse restos de [[Castro (poboado)|poboados castrexos]] de certa importancia. Tamén se localizan o Círculo Habaneiro, a Casa Place, a Casa Maseda e outras de estilo colonial ao carón da estrada xeral.
 
A parroquia conta entre o seu patrimonio natural coa [[praia de Augas Santas]] (tamén coñecida como praia das Catedrais) pertencente á zona do Rato. Outros areais de importancia son [[Praia dos Castros|Os Castros]], [[Praia das Illas|As Illas]], A Rochela (estas dúas na zona da Rochela) e [[Praia de Esteiro|Esteiro]] (dentro da zona do mesmo nome).
 
== Economía ==
Liña 31:
A atracción da praia de [[Praia de Augas Santas|As catedrais]] ten sido un polo de desenvolvemento económico baseado no turismo.
 
A [[N-634]] e a [[A-8]] (cunha saída para a praia das Catedrais) atravesan a parroquia, o mesmo que a [[liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón]] atravesa a parroquia, (cun apeadeiro próximo á [[Praia dos Castros]]).
 
== Persoeiros ==
Liña 37:
 
== Lecer ==
O Albergue Xuvenil é un campamento que se abre no verán para realizar acampadas. Está situado entre a N-634 e a praia das Catedrais.
 
=== Festas ===