Escola de Tradutores de Toledo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 19:
Na primeira metade do [[século XIII]] esta actividade mantívose. Por exemplo, reinando [[Fernando III de Castela|Fernando III]], [[reino de Castela|rei de Castela]] e de [[Reino de León|León]], compúxose o ''Libro dos Doce Sabios'' ([[1237]]), resumo de sabedoría [[política]] e [[moral]] clásica pasada por mans ''orientais''. Na segunda metade do [[século XIII]] o Sabio rei-emperador [[Afonso X]] (rei de Castela e de León, en cuxa corte se compuxo a primeira ''Crónica Xeral de España'') institucionalizou en certa maneira en Toledo esta Escola de tradutores, centrada sobre todo en verter textos [[Astronomía|astronómicos]] e [[Medicina|médicos]].
 
Por iso é grave anacronismo atribuír só a Escola de tradutores de Toledo ao período afonsí. Como se explicaría a posibilidade dun [[Tomé de Aquino|San Tomé de Aquino]] (1225-1274) sen o labor realizado polos tradutores españois do [[século XII]]? Tamén se incorre en confusión ao querer equiparar traducións realizadas noutros lugares ao núcleo vertebrador triunfante que representa Toledo. Sería ridículo supor que toda a traslación do legado clásico alexandrino pasara por mans ''toledás'', pois mecanismos similares producíronse noutros sitios, mais disolver o significado e a importancia da tarefa realizada en Toledo só pode entenderse desde unha vontade anacrónica de exaltar certas independencias culturais de moita menor influencia, e en todo caso incomparábeis ao curso triunfante que callou en Toledo, momento importante da consolidación e expansión definitiva da lingua castelá.
[[Ficheiro:Las Siete Partidas.jpg|miniatura|dereita|200px|Miniatura de ''"Las Siete Partidas"'' que mostra a [[Afonso X o Sabio]] ditando.]]