Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Historia: Arranxos varios
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Radha-Krishna chess.jpg|miniatura|Krishna e Radha xogando ao [[chatarunga]], antecesor do xadrez <ref>Yuri Averbakh (2012) ''A History of Chess: From Chaturanga to the Present Day'' Russell Enterprises, </ref>]]
O xadrez é un xogo moi antigo, como pode deducirse da etimoloxía de moitos vocábulos empregados: '''[[enroque]]''' procede de '''roque''', unha palabra sinónima de torre que xa non se usa; alfil ( procede do [[lingua árabe|árabe]], onde 'al-fil significaba "o [[elefante]]"). Tamén as relacións de valor e movemento entre as pezas amosan claramente unha transposición da estrutura [[Idade media|medieval]] feudal: a peza máis importante, a que hai que derrotar é o rei; a raíña ten os movementos máis ilimitados; os cabalos e os "elefantes" eran daquela elementos de ataque e a torre é un trasunto do [[Castelo (fortificación)|castelo]] defensivo; os peóns son a [[infantaría]]. A súa importación a [[Europa]] veu da man dos árabes antes da expulsión da [[Península Ibérica|Península]]. Este potencial foi explotado no [[século XX]] polos países do [[Pacto de Varsovia]], que o utilizaron intensivamente nos seus sistemas educativos como método tanto de ensino e incentivación como logo para a [[propaganda política]] dos éxitos acadados no xadrez<ref>{{Cita libro|título=Mis grandes predecesores, parte II ,|apelidos=Kasparov|nome=Garry|editorial=Everyman Chess|ano=2003|ISBN=|ref=}}</ref>. O certo é que os rusos crearon escola, e son ben coñecidos personaxes coma os campións mundiais [[Garry Kasparov]] e [[Anatoli Karpov]].
 
380.827

edicións