Guthrum II de Anglia Oriental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Viquingos mediante HotCat
m Arranxos varios
Liña 1:
'''Guthrum II de Anglia Oriental''', finado en [[916]], foi un caudillo viquingo de orixe danesa e que gobernou o [[Danelaw]] tras a morte de [[Eohric|Eric de Anglia Oriental]] no ano [[902]], ambos procedían da segunda horda [[Viquingo|viquinga]] que invadiu [[Inglaterra]] e coñécese como o [[gran exército de verán]].
 
== Traxectoria ==
A diferenza do seu predecesor do mesmo nome, [[Guthrum I de Anglia Oriental|Guthrum I]] de quen se teñen referencias fiábeis nas crónicas contemporáneas, non se coñece moito do reinado de Guthrum II e a súa vida baséase en conxecturas comparativas entre diversas crónicas e pezas [[Numismática|numismáticasnumismática]]s<ref>Dumville, D.N. (1998) ''Kings, Currency, and Alliances:History and Coinage of Southern England in the Ninth Century''</ref>.
 
Benjamin Thorpe, na súa tradución da obra ''History of England under the Anglo-Saxon Kings'' de Johann Martin Lappenberg refírese a Guthrum II como o rei que gobernaba aos daneses de Anglia Oriental en 906 cando se asinou a paz con [[Eduardo o Vello]]<ref>Lappenberg, Johann M. (1845) ''History of England under the Anglo-Saxon Kings'' p. 87</ref>. Thorpe fai presunción da firma do tratado de paz entre Eduardo e o segundo Guthrum en 906, baseándose no testemuño do cronista [[Idade Media|medieval]] [[Xoán de Wallingford]] que menciona explicitamente a un segundo Guthrum durante o reinado de Eduardo<ref>Thorpe, Benjamin (1840) ''Ancient Laws and Institutes of England'', London, I:71, nota "a".</ref>. Outro historiador, Joseph Stevenson, traduciu a Wallingford uns anos máis tarde e non acepta a lectura que fai Thorpe. Segundo Stevenson, foi o mesmo Guthrum que non morreu en 890 pero regresou a Dinamarca para gobernar ao seu pobo e de novo aparecer en Anglia Oriental máis tarde durante o reinado do fillo de Eduardo, [[Aethelstan de Inglaterra|Æthelstan]] e aparentemente aparece mencionado once veces entre 928 e 935<ref>Stevenson, Joseph (1856) ''The Church Historians of England'' pp. 535 - 545.</ref>. Sexa como for, a [[crónica anglosaxoa]] achega información sobre a morte dun Guthrum na batalla de Tempsford en 916 que coincide co fin do reinado dos daneses en Anglia Oriental e a posterior integración do territorio como dominio de [[Eduardo o Vello]].
Liña 17:
* [http://www.britannia.com/history/saxontime3.html Liña temporal da Inglaterra anglosaxoa]
{{reis de Anglia Oriental}}
 
[[Categoría:Reis de Anglia Oriental]]
[[Categoría:Finados en 916]]