Nube de Oort: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Sen resumo de edición
Liña 2:
A '''Nube de Oort''' foi proposta polo astrónomo holandés [[Jan Hendrik Oort]] (1900-1992) en 1950 como explicación á existencia dos [[cometa]]s de período longo, tratándose dunha vasta rexión esférica que envolve o [[Sistema solar]] a unha distancia dende as 5000 ata as 100 000 [[Unidade astronómica|UA]] do [[Sol]], e que está composta de po e mais duns 100 000 000 000 de núcleos cometarios que, ocasionalmente, se lanzan en dirección ao Sol en virtude dalgunha perturbación na súa órbita.
 
Jan Oort publicou a tese da existencia da nube de cometas diferenciada do [[Cinto de Kuiper]] nunha Comunicación dende o Observatorio de Leiden titulada ''The Structure of the Cloud of Comets Surrounding the Solar System and a Hypothesis Concerning its Origin'' ("A estrutura da nube de cometas que rodea o sistema solar e unha hipótese sobre a súa orixe") nano "Revista''Bulletin dosof Institutosthe AstronómicosAstronomical Neerlandeses"Institutes of Netherlands'', o 13 de xaneiro de 1950.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Oort|nome=JAn|data=13/01/1950|título=The Structure of the Cloud of Comets Surrounding the Solar System and a Hypothesis Concerning its Origin|url=https://openaccess.leidenuniv.nl/bitstream/handle/1887/6036/BAN_11_91_110.pdf?sequence=1|PMC=|revista=Bulletin of the Astronomical Institutes of Netherlands|número=408|páxinas=91-110|doi=|ISSN=|PMID=|data-acceso=22/10/2017|volume=XI}}</ref>
 
Moito alén da órbita de [[Plutón (planeta anano)|Plutón]] (que se atopa no Cinto de Kuiper), a medio camiño da estrela máis próxima está o límite do Sistema Solar. Esa rexión esférica, que se estende nun radio de 3 anos luz, ou sexa, 30 billóns de quilómetros do Sol non está baleira, senón que contén 6 billóns de pedras de xeo de diversas dimensións.{{cómpre referencia}}