Evaristo Correa Calderón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
Fillo do médico e escritor [[Antonio Correa Fernández]]. Fundou en [[Baralla]] o semanario ''[[El Eco (Baralla)|El Eco]]'' e dirixiu en [[Lugo]] ''[[El Chiste Semanal]]'' e ''[[De Todo un Poco (Lugo)|De Todo un Poco]]'', no que publicou os seus primeiros versos. Membro das [[Irmandades da Fala]], foi un dos organizadores da [[I Asemblea Nacionalista]]<ref>[http://praza.com/opinion/1467/a-asemblea-nacionalista-de-lugo-ou-a-historia-dunha-inexactitude/ A asemblea nacionalista de Lugo ou a historia dunha inexactitude]</ref>. Colaborou en ''[[La Idea Moderna]]'' e ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', foi redactor-xefe de ''[[El Pueblo Gallego]]'', fundador (co seu irmán [[Juan Antonio Correa Calderón|Juan Antonio]]) de ''[[Vanguardia Gallega]]'' e director de ''[[Ronsel]]'' (1924). Publicou os libros de contos ''Luar'' (1923), ''Conceición singela do Ceo'' (1925) e ''Margarida a da sorrisa de aurora'' (1927) e o caderno de poemas ''Ontes'' (1928).
 
[[Ficheiro:Rua Evaristo Correa Calderon concello Baralla 02.JPG|miniatura|Rúa Evaristo Correa Calderón nodo concello de Baralla.]]
Dende [[1931]] foi profesor de historia en diversos institutos de España e comezou o seu arredamento da [[ideoloxía galeguista]]. A partir da [[Guerra Civil española]], xa en Galicia colaborou cos sublevados e xa desde o primeiro día ingresou na [[Falange Española]], foi xefe local de Prensa e Propaganda de Lugo e redactor-xefe de ''[[Escuela Azul]]''. Colaborou no libro ''Laureados de España'' (1939) con "Honra del bien morir". Dedicouse á crítica literaria de autores clásicos españois e non volveu escribir en galego.