Cuilén de Escocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Cuilén''' (tamén chamado ''Culén'', ''Cuilean''), finado en [[971]], foi un [[reino de Alba|rei de Alba]] (Escocia). Era fillo de [[Indulf de Escocia|Illulb mac Custantín]], do cal recibe o patronímico '''mac Illuilb''' (tamén ''mac Iduilb'', ''mac Ilduilb'') do clan Áeda meic Cináeda, unha póla da [[dinastía Alpin]]. Durante o [[século X]], os Alpin alternaron o reinado de Alba entre as dúas pólas dinásticas principais. [[Dub de Escocia|Dub mac Maíl Choluim]], un membro da póla rival da familia, parece que conseguiu o poder despois da morte de Illulb en 962. Cuilén desafiouno pero foi derrotado en 965. Dub foi finalmente expulsado e asasinado en 966/967. Descoñécese se Cuilén foi responsable da súa morte.
 
Despois da caída de Dub, Cuilén semella que gobernou como rei sen desputadisputa dende 966 até 971. Pouco se coñece do curto reinado de Cuilén agás a súa morte en 971. Segundo diferentes fontes, el e o seu irmán, Eochaid, foron asasinados por [[britanos]]. Algunhas fontes identifican ó asasino de Cuilén como [[Rhydderch ap Dyfnwal]], un home cuxa filla fora raptada e violada polo rei. Rhydderch era evidentemente un home cunha posición importante, e puido ter sido fillo de [[Dyfnwal ab Owain]], [[Reino de Strathclyde|rei de Strathclyde]] naquela época.
 
Despois do asasinato de Cuilén, o reinado de Alba puido ser asumido por outro membro do clan Áeda meic Cináeda, [[Kenneth II de Escocia|Cináed mac Maíl Choluim]], un home que semella que lanzou unha serie de represalias contra os [[Yr Hen Ogledd|cumbrios]]. Sábese que Kenneth tivo unha oposición clara do irmán de Cuilén, [[Amlaíb de Escocia|Amlaíb]], quen conseguiu o título de rei de Alba e morreu a mans de Cináed en 977. O fillo de Cuilén, [[Constantino III de Escocia|Custantín]], sucedeu a Cináed como rei. Hai probas que suxiren que Cuilén tivo outro fillo, Máel Coluim.