University College London: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=pesar
Sen resumo de edición
Liña 8:
O principal campus da UCL está en [[Bloomsbury]], no centro de [[Londres]], tendo [[instituto]]s e [[Hospital|hospitais]] universitarios noutras áreas do centro e campus satélites en Adelaida, [[Australia]], [[Doha]], [[Qatar]]... A UCL está organizada en dez facultades dentro das que hai máis de cen departamentos, institutos e centros de investigación. Ten arredor de 26.700 estudantes, 11.025 empregados e tivo uns ingresos totais de 937 millóns de [[Libra esterlina|libras]] en [[2012]]/[[2013|13]], dos que 335 millóns foron en becas de investigación e contratos. A UCL ten máis ou menos 4000 membros académicos e investigadores, e 650 profesores titulares, o maior número das universidades británicas. É responsable de varios [[museo]]s e coleccións nun campo amplo de artes e ciencias, incluíndo o ''Petrie Museum of Egyptian Archaeology'', unha colección líder de [[arqueoloxía]] [[Antigo Exipto|exipcia]] e [[Sudán|sudanesa]].
 
A UCL está considerada unha das universidades máis prestixiosas do mundo: no período de [[1999]] a [[2009]] foi a décimo terceira universidade máis citada no mundo e a máis citada de [[Europa]]. Ten 27 [[Premio Nobel|premios Nobel]] e 3 '' Field Medalists'' entre os seus alumnos e actuais e anteriores colaboradores. Os estudantes da UCL inclúen o ''Father of the Nation'' da [[India]], Qenia[[Kenya|Quenia]] e [[Mauricio]], o inventor do [[teléfono]] e un dos descubridores da estrutura do [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]]. Os cinco [[Gas nobre|gases noblesnobres]] naturais foron descubertos na UCL por [[William Ramsay]].
 
A UCL forma parte de tres dos once centros de investigación biomédica do NHS en Inglaterra e é membro fundador do ''Francis Crick Institute'', o maior centro académico de ciencias da saúde do mundo. A UCL mantén centos de acordos de investigación e ensino, incluíndo unha alianza estratéxica co ''Institute of Education'' e unha extensa colaboración coa ''Yale University''. A UCL é membro da ''Association of Commonwealth Universities'', a ''European University Association'' a ''European Network for Training Economic Research'', a ''G5'', a ''League of European Research Universities'', o ''Russell Group'', ''SES-5'', ''UNICA'', a ''Universities Research Association'' e ''Universities UK''. Forma parte do triangulo de ouro das universidades británicas.