Diferenzas entre revisións de «Fantasía»

Na literatura galega o elemento fantástico aparecen xa en autores do [[Rexurdimento]] que toman elementos e temática da tradición oral (aparecidos, o mal de ollo, os feitizos e maldicións,etc) no período intersecular aparecen xa os relatos fantásticos na obra de Heraclio Pérez Placer ou Francisco Álvarez de Nóvoa. En 1898 Luis Otero Pimental publica a primeira novela fantástica en galageo," A campaña da caprecórneca" con elementos marabillosos e mesmo de ficción científica.
 
No principio do século XX a literatura popular de tradición oral segue fornecendo material tanto a etnógrafos como a literatos que reelaboran as lendas orais de forma culta, como os de [[Vicente Risco]] e [[Ramón Otero Pedrayo]], chegando incluso ata a literatura española a través de valle-Inclán e Wenceslao Fernández Flórez. Os integrantes da [[Xeración Nós]] cultivaron as narracións macabras de carácter cómico(''Un ollo de vidro'', ''Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros'', ''O purgatorio de Don Ramiro''). Na obra de [[Rafael Dieste]] tamén aparecen elementos fantásticos ao mesmo tempo que os da xeración Nós, este subxénero seguiría a súa existencia en plena posguerra a través da obra de [[Álvaro Cunqueiro]] e [[Ánxel Fole]], incluso en obras do escritor realista [[Eduardo Blanco Amor]], ''[[Os Biosbardosbiosbardos]]''.
 
Nos escritores da [[Nova Narrativa Galega]] a fantasía aparecen de forma abundante en libros de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Gonzalo Rodríguez Mourullo]], [[Xoán Casal]] e [[Carlos Casares]] aínda que tamén aparece en pequenos reflexos na obra de outros moitos autores galegos<ref>"Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega" Antón Risco ed galaxia 1995</ref>.
215.682

edicións