Chuvia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Asia: +foto
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Asia: +trad. ca.wiki
Liña 121:
[[Ficheiro:Rain to clear skies panorama.jpg|miniatura|700px|center|Panorama cunha nube de chuvia á dereita.]]
</div>
 
=== Sudamérica ===
[[Lloró]], un pobo situado en [[Departamento de Chocó|Chocó]] ([[Colombia]]), é probablemente o lugar coas precipitacións medidas máis significativas do mundo, cunha media de 13.300&nbsp;mm por ano. De feito, todo o departamento de Chocó é extraordinariamente húmido. [[Tutunendo]], un pequeno pobo situado no mesmo departamento, é un dos lugares máis chuviosos do mundo, cunha media de 11.394&nbsp;mm por ano; en 1974, o pobo recibiu 26.303&nbsp;mm, as choivas anuais máis importantes nunca rexistradas en Colombia. A diferenza de Cherrapunji, que recibe a maioría de precipitacións entre abril e setembro, Tutunendo recibe a choiva distribuída case uniformemente ao longo do ano. Os meses de xaneiro e febreiro teñen treboadas un pouco menos frecuentes. De media, Tutunendo ten 280 días de choiva por ano. Máis de dous terzos da choiva (un 28%) cae durante a noite. A humedade relativa media é dun 90% e a temperatura media é de 26,4°C.<ref>{{cita web|título= Tutunendaó, Choco: la ciudad colombiana es muy lluviosa |url = http://www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAS&idnoticia_PK=523370&idseccio_PK=1038 |editor= El Periódico.com |dataacceso= 11-12-2008}}</ref> [[Quibdó]], a capital de Chocó, é a cidade máis chuviosa do mundo con máis de 100.000 habitantes: 9.000&nbsp;mm por ano. As treboadas en Chocó poden deixar 500&nbsp;mm de choiva nun día. Isto é máis do que cae en moitas cidades nun ano.
 
== Nomes da chuvia en galego ==