Sima Qian: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo de en.wiki
Liña 22:
'''Sima Qian''' (Chino tradicional: 司馬遷, Chino simplificado: 司马迁, [[Pinyin]]: Sīmǎ Qiān, Wade-Giles: Ssu-ma Ch'ien), nado no ano [[-145|145 a.C.]] en [[Longmen]], e finado en torno ao ano [[-90|90 a.C.]], ademais de escritor e [[Astronomía|astrónomo]], foi o primeiro que tentou escribir a [[historia de China]] desde a súa creación. Todos os historiadores imperiais chineses inspiráronse na súa obra.
 
== BiografíaTraxectoria ==
Viviu no reinado do Emperador [[Wudi (Han)|Wudi]] ([[-141|141]]-[[-87|87 a.C.]]), un dos máis grandes soberanos chineses. Seu pai, Sima Tan (司馬談 / 司马谈, Sīmǎ Tán) era cronista da corte, cargo a medio camiño entre o de astrólogo e o de cronista propiamente dito, pois consistía tamén en anotar os fenómenos celestes e a súa influencia nos acontecementos humanos. A familia de Sima Qian instalouse en Maoling, nos arredores da capital [[Chang'an]].
 
Liña 34:
 
A súa obra pode compararse, en parámetros occidentais, á ''Biblia'' ou ás ''Historiai'' de [[Heródoto]].
 
== Figura literaria ==
O ''Shiji'' está recoñecido como modelo de literatura biográfica cun alto valor literario e mantense como libro de texto para o estudo do chinés clásico. As obras de Sima influíron na escritura chinesa, servindo de modelo para varios tipos de prosa no movemento neoclásico ("renacemento" 复古) do período das dinastías [[dinastía Tang]] e [[dinastía Song|Song]]. Tamén influíu na escritura de ficción, como nos relatos clásicos do período medieval (dinastías [[dinastía Tang|Tang]]-[[dinastía Ming|Ming]]) así como na novela vernácula do período imperial posterior. Sima tivo unha inmensa influencia na historiografía non só na China, senón tamén no Xapón e en Corea.<ref>{{cita Harvard sen parénteses|Hughes-Warrington|2000|p=296}}</ref> Durante os séculos seguintes, o ''Shiji'' foi recoñecido como o maior libro de historia escrito en Asia.<ref>{{cita Harvard sen parénteses|Hughes-Warrington|2000|p=296}}</ref>
 
A súa influencia deriva principalmente dos seguintes elementos da súa escritura: a súa habilidosa descrición das personaxes históricas empregando detalles do seu discurso, das súas conversas e das súas accións; o seu innovador uso da linguaxe informal, humorística e variada; e a simplicidade e a concisión do seu estilo. Mesmo no século XX o crítico literario [[Lu Xun]] describiu o ''Shiji'' como "a canción máis perfecta dos historiadores, un "[[Li Sao]]" sen rima"
(史家之绝唱,无韵之离骚) en "Hanwenxueshi Gangyao" (汉文学史纲要).
 
== Astrólogo ==
Sima e o seu pai foron astrólogos (''taishi'') 太史 na corte da [[dinastía Han]]. Nese tempo, os astrólogos tiñan un importante papel, sendo responsables de interpretar e predicir o curso do goberno segundo a influencia do Sol, a Lúa e as estrelas, así como outros fenómenos, como [[eclipse solar|eclipses solares]] e [[terremoto]]s.
 
Antes de recompilar o ''Shiji'', en 104&nbsp;a.C., Sima Qian creou ''[[Taichuli]]'' (太初历) que pode ser traducido como "O primeiro calendario" sobre a base do calendario da [[dinastía Qin]]. Taichuli foi un dos máis avanzados calendarios do seu tempo. A creación de Taichuli foi recoñecido como unha revolución na tradición chinesa do calendario, xa que estableceu 365,25 días no ano e 29,53 días no mes.
 
O [[planetoide]] 12620 Simaqian recibiu ese nome na súa honra.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==