Mary Cassatt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Pensilvania
m Arranxos varios
Liña 18:
| influenciado por = [[Xaponismo]], Pintores [[impresionismo|impresionistas]]
}}
'''Mary Stevenson Cassatt''' ([[22 de maio]], [[1844]] – [[14 de xuño]], [[1926]]) foi unha pintora e [[gravado]]ra [[Estados Unidos de América|americana]]. Viviu gran parte da súa vida en [[Francia]], onde establecer unha profunda amizade con [[Edgar Degas]] e máis tarde expuxo cos [[Impresionismo|Impresionistas]].
 
Cassatt pintou sobre a vida social e privada das mulleres, cunha particular énfase na unión entre nais e fillos.
 
== Xuventude ==
Cassatt naceu en [[Allegheny City]], [[Pensilvania]], parte actual da cidade de [[Pittsburgh]]. Maru naceu no seo dunha familia acomodada: o seu pai, Robert S. Cassatt, era un exitoso corretor de bolsa, e a súa nai, Katherine Kelso Johnston, proviña dunha familia de banqueiros. Cassatt medrou nun ambiente onde as viaxes eran parte da súa educación; antes de cumprir os dez anos a rapaza xa viaxara a moitas capitais [[Europa|europeas]], incluíndo [[Londres]], [[París]] e [[Berlín]].
 
A pesar de que a súa familia obxectou a súa decisión de converterse nunha artista profesional, ela comezou a estudar pintura na ''Pennsylvania Academy of the Fine Arts'' en [[Filadelfia]], [[Pensilvania]] (1861-1865). Impaciente co lento ritmo das clases e a actitude condescendente dos estudantes e dos mestres, fixo que decidise estudar os [[antigo patrón|antigos patróns]] por si mesma, e en [[1866]] mudouse a [[París]].
 
[[Ficheiro:Mary Cassatt 002.jpg|miniatura|esquerda|''A festa no bote'', 1893-94]] Co comezo da [[Guerra franco-prusiana]], Mary Cassatt volveu aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] xunto á súa familia, adicándose á pintura na súa vila, a pesar da dificultade de atopar bos materiais e modelos para as súas pinturas. O seu pai continuou a resistirse á súa vocación, pagando só as súas necesidades básicas, deixando ao seu cargo o pagamento dos seus materiais plásticos. En [[1871]] volveu a Europa cando o [[arcebispo|Arcebispado]] de [[Pittsburgh, Pensilvania|Pittsburgh]] lle encargou pintar copias dalgunhas pinturas de [[Italia]], despois do cal viaxou por [[Europa]].
 
== Impresionismo ==
En [[1872]], Mary Cassatt xa contaba cun estilo maduro, en parte debido ao estudo dos mestres máis importantes e ás indicacións e consellos do seu mestre [[Camille Pissarro]]. Ese mesmo ano unha das súas pinturas foi escollida polo xurado para ingresar no [[Salon de Paris]]. Respecto á súa obra, os críticos dixeron que as súas cores eran moi rechamantes e que os seus retratos eran demasiado fieis para favorecer ao modelo.
 
Logo de ver a obra ao pastel de [[Edgar Degas]] na fiestra dunha galería de arte, soubo que non estaba soa na súa rebelión. Nunha carta a un amigo atopamos o seguinte:
Liña 44:
== Derradeiros anos ==
[[Ficheiro:cassatt_the_bath.jpg|miniatura|dereita|200px|<center>''O baño do neno (O baño)''<br />[[Art Institute of Chicago]]]]
A década de [[1890]] foi a época máis creativa de Cassatt, mesmo se converteu en modelo a seguir para novas artistas americanas, entre as que destacan [[Lucy A. Bacon]], a quen Cassat presentoulle a [[Camille Pissarro]].
 
En [[1891]], exhibiu unha serie de coloridas pinturas entre as cales estaban ''Muller tomando un baño'' e ''O salón de beleza'', cadros inspirados na [[arte xaponesa]] que foron exhibidos en [[París]] un ano antes.
 
Ao iniciarce o novo século, traballou como conselleira en varias coleccións de arte onde deixou estipulado que eventualmete doarían as súas vendas aos Museos de Arte Norteamericanos. Con todo, o recoñecemento da súa arte chegou tardiamente aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
O irmán de Cassatt, [[Alexander Cassatt]], (presidente da ''Pennsylvania Railroad'' dende [[1899]] ata a súa morte) morreu en [[1906]]. A morte do seu irmán fixo que non volvese pintar até [[1912]].
 
Unha viaxe ao [[Exipto]] en [[1910]] impresionou a pintora coa beleza da súa arte antiga. Diagnosticada de [[diabetes]], [[reumatismo]], [[neuralxia]] e [[catarata]]s en [[1911]], seguiu coa súa produción artística, mais en [[1914]] foi forzada a deixar de pintar ao ir perdendo a vista. Non obstante, Cassatt non deixou a súa actividade, uníndose aos colectivos femininos que loitaban polo recoñecemento do [[sufraxio feminino]], facendo unha exposición de dezaoito cadros en [[1915]] para apoiar o movemento.
 
En recoñecemento á súa achega á arte, o goberno de [[Francia]] galardoouna coa [[Légion d'honneur]] no ano [[1904]].
 
A pintora morreu o [[14 de xuño]] de [[1926]] na vila de [[Château de Beaufresne]], preto de [[París]], sendo soterrada no panteón familiar de [[Mesnil-Théribus]], [[Francia]].
Liña 90:
=== Bibliografía ===
* Mathews, Nancy Mowll, ''Mary Cassatt: A Life'', 1998, Yale University Press, ISBN 0-300-07754-8
* White, John H., Jr. ([[Spring (season)|Spring]] [[1986]]), America's most noteworthy railroaders, ''Railroad History'', Railway and Locomotive Historical Society, '''154''', p. &nbsp;9-15. (mentions family relationship to [[Alexander J. Cassatt]]).
 
=== Outros artigos ===
Liña 104:
 
{{Impresionismo}}
 
{{ORDENAR:Cassatt, Mary}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Cassatt, Mary}}
[[Categoría:Pintores impresionistas|Cassatt, Mary]]
[[Categoría:Personalidades do gravado|Cassatt, Mary]]