Quercus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Sen resumo de edición
Liña 15:
|genus = [[Quercus]]
|}}
'''Carballo''' é a designación común das cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos do '''xénero''' '''''Quercus''''' da familia ''Fagaceae''. O xénero é nativo do hemisferio norte e inclúe tanto especies [[Caducifolio|caducifolias]] coma [[Perenne|persistentes]]. Os ''Querci'' (carballos) esténdese tanto por zonas de [[Clima oceánico|clima atlántico]] como [[clima continental]] ou [[clima mediterráneo]], dende [[Eurasia]] até [[América]] e medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara ao norte e as de folla persistente, cara ao sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos [[froito]]s: as [[landra]]s.
 
Ter en conta que tamén se denominan carballos as especies tropicais doutros xéneros relacionados, principalmente ''[[Lithocarpus]]''.