Cualedro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m pequenos arranxos
Liña 208:
 
==== Viario histórico ====
Os primeiros itinerarios que podemos reconstruír son as vías romanas, ante a dificultade de reformular a rede camiñeira dos antigos castros prerromanos. Porén, é lóxico supor que estes trazados romanos seguiron uns pasos que xa existían cando chegaron. O corredor que comunicaba [[Chaves, Portugal|Chaves]] (Portugal) con Ourense, entrando en Galicia por Feces de Abaixo, divídese en dúas vías romanas secundarias remontando o [[Támega]] cara ao val de [[Monterrei]]. Ambas as dúas pasarían polo territorio do actual Concello de Cualedro. A primeira, a do lado leste, pasaría pola ''civitas'' de ''Forum Limicorum-Nocelo da Pena'' (segundo [[Antonio Rodríguez Colmenero]]); a segunda, a do lado oeste, dende Verín cara a Xinzo de Limia, documentado pola ''Mansío Germinae'' e os [[miliario]]s de Rebordondo. Este último itinerario será máis tarde camiño medieval, moi importante economicamente, máis que o ''Camiño Francés'', xa que comunicaba tanto con Portugal como coa Meseta. Dende Lama d'Arcos (Tras–os–Montes) por Feces de Abaixo ata Verín, Monterrei e Albarellos, chegando a Rebordondo por Infesta; pasa por Penaverde e As Estibadas cara a Xinzo de Limia (segundo Elisa Ferreira). Tamén existe outro acceso dende Portugal cara a Xinzo, o corredor A Xironda–Lucenza, posible vía romana secundaria e futuro camiño real. Dende Gralhas e Boticas (Portugal) pasando pola Xironda (cruzando as pontes de Perteiro e do Madeiro) e Lucenza cara a Gundín. Estes corredores perduran na Idade Media, comunicando un territorio moi activo, primeiro baixo o dominio do mosteiro de [[Celanova]] e logo da casa condal de Monterrei. A isto súmase a importancia que empeza a ter o camiño de Santiago e as peregrinacións. Os camiños seguen os itinerarios coñecidos (as antigas vías romanas logo camiños medievais e camiños reais), o primeiro deles por Feces de Abaixo ata Verín e Monterrei, seguindo as actuais N-532 e N-525, pasando pola agra de Rebordondo collendo A Brea ou Verea ata Lamas; dende alí, na bifurcación da Peneda do Moucho en Penaverde cara a As Corvaceiras e virando a As Estibadas ; este camiño bifúrcase –a [[Allariz]] por Xinzo e a Allariz por [[Xunqueira de Ambía]]. O outro vai de Chaves a A Xironda, pasando por Seara Velha e [[Vilar de Perdizes]]. Observamos cómo uns núcleos comezan a ter unha relevancia forte no territorio do actual Cualedro: Rebordondo, Penaverde, As Estibadas e, especialmente, Lucenza e A Xironda.
 
==== Rede de camiños ====