Correo electrónico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m →‎Historia: arranxiño
Liña 13:
O correo electrónico antecede á [[Internet]] e, de feito, os sistemas de correo electrónico constituíron unha ferramenta crucial na creación desta. En [[1961]] apareceu no [[MIT]] o [[Compatible Time-Sharing System]] (CTSS), que permitía que varios usuarios entraran nun IBM 7094 desde [[terminal (informática)|terminais]] a través da [[liña telefónica]] e almacenasen ficheiros no disco.<ref>"CTSS, Sistema compatible de compartición de tempo" (4 de setembro de 2006), Universidade de Alabama do Sur, [http://www.cis.usouthal.edu/faculty/daigle/project1/ctss.htm CTSS]</ref><ref>[[Tom Van Vleck]] "El IBM 7094 y CTSS" (10 de setembro de 2004), [http://www.multicians.org/thvv/7094.html Multicians-7094]</ref> Esta posibilidade nova animou a que os usuarios compartisen información de xeitos novos. O correo electrónico apareceu en [[1965]] para permitir que varios usuarios dun computador [[mainframe]] de [[tempo compartido]] se comunicasen entre si.
 
Aínda que a historia exacta non se sabe, entre os primeiros sistemas que tiveron esta facilidade atopamos o [[Q32]] de SDC e o CTSS do MIT. Pronto se puxo en funcionamento a posibilidade de enviar mensaxes entre computadores conectados por rede. O correo electrónico estendeuse pronto pola rede [[ARPANET]], predecesora de Internet. OEn 1972, utilizouse por primeira vez o símbolo "@" (arroba) para separar o nome do usuario da súa máquina.
O servizo de correo electrónico pronto se popularizou, e desenvolvéronse protocolos para permitir a comunicación con usuarios fóra de ARPANET. Para permitir a conexión entre computadores que non estaban directamente conectados, había que especificar a "ruta" que a mensaxe tiña que seguir para "ir" dun computador ao outro, especificando todas as máquinas "intermedias" separadas por un signo "!". En moitos casos, había que utilizar rutas con ata 10 ou máis conexións. A posibilidade de que algún nodo fallase e a mensaxe non chegase a destino era alta. Unha maneira de evitar isto era dando varios camiños alternativos, coa esperanza de que algún deles funcionase.