Xacemento petrolífero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (5)
Liña 3:
 
== Formación ==
[[Ficheiro:Migracion petroleo.svg|thumbminiatura|Migración dos hidrocarburos a través dos poros.]]
O petróleo cru que se encontra en depósitos de petróleo fórmase na [[litosfera]] a partir de restos de organismos do pasado ([[fósil]]es), depositados en grandes cantidades en fondos [[Anoxia|anóxicos]] de mares ou zonas lacustres do [[Paleoxeografía|pasado xeolóxico]] que quedaron cubertos por capas de [[sedimento]]s de grande espesor. Millóns de anos de transformacións químicas debidas á calor e á presión durante a [[diaxénese]], cambiaron os restos de [[microorganismo]]s ([[Zooplancto|animais]] e [[Alga|vexetais]]) en petróleo e gas natural.
 
Liña 20:
Os xacementos de petróleo chámanse ''primarios'' cando se encontran na mesma rocha na que se formaron, e ''secundarios'', cando se formaron nun sitio afastado e o petróleo foi fluíndo cara o lugar no que xace agora, movemento co que camban algunhas das súas propiedades.
 
[[Ficheiro:Petroleum Reservoir-es.svg|thumbminiatura|left|Xacemento primario.]]
O normal nun xacemento primario é encontrar a seguinte disposición: unha capa superior de [[arxila]], impermeábel; por debaixo dela, unha capa de [[area]]s impregnadas de [[gas natural]] ([[hidrocarburo|hidrocarburos gasosos]]); por debaixo desta, areas impregnadas de petróleo ([[hidrocarburo|hidrocarburos líquidos]]) e, por último, unha capa inferior de areas impregnadas de [[auga|auga salgada]]. Con esta disposición, o estrato impermeábel superior atrapa o petróleo no mesmo sitio onde se formou e non deixa que escape, só pode separarse segundo un gradiente de densidade da auga salgada que contiña (máis densa) e do chamado gas natural (grupo de hidrocarburos gasosos —[[metano]], fundamentalmente, pero tamén [[etano]], [[propano]] e [[butano]]— menos densos que o petróleo).
 
Liña 29:
 
=== Rochas almacén ===
[[Ficheiro:AngoumianRudistreef.jpg|thumbminiatura|right|Afloramento de [[calcaria]]s formadas por antigos arrecifes de [[Hippuritoida|rudistas]], mostrando a elevada porosidade destas [[facies]].]]
As rochas nas que se acumula o petróleo, ''rochas almacén'', son [[Porosidade|porosas]] e, por tanto, [[Permeabilidade|permeábeis]].
 
Liña 40:
=== Trampas ===
{{Artigo principal|Trampa petrolífera}}
[[Ficheiro:Structural Trap (Anticlinal).svg|thumbminiatura|90px|Trampa estrutural: [[Pregamento|prega]] anticlinal.]]
[[Ficheiro:Structural Trap Fault.svg|thumbminiatura|90px|Trampa estrutural: [[falla]] xeolóxica.]]
As trampas, última etapa dos procesos de formación de xacementos petrolíferos, foron clasificadas polos [[Xeoloxía do petróleo|xeólogos do petróleo]] en dous tipos: estruturais e estratigráficas. Unha acumulación de petróleo pode estar causada por un só tipo de trampa ou pola combinación de ambas s dúas.