Pegada xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (5)
m Arranxos varios, replaced: {{Cite news → {{Cita novas (3)
Liña 36:
Segundo o país utilízanse diferentes sistemas de perfil de ADN baseados nos STR. En EEUU utilízase o sistema [[CODIS]], que examina 13 loci, e en Reino Unido úsase o sistema [[SGM+]] de 11 loci (que é compatible coa Base de datos de ADN nacional dese país), e que son 10 loci [[STR]] e mais a proba de sexo. Moitas das rexións STR usadas son as mesmas nos sistemas de distintos países. Estes sistemas de perfil de ADN están baseados en reaccións múltiplex, polo que se comproban moitas rexións STR ao mesmo tempo.
 
O poder da [[análise de STR]] depende da súa capacidade estatística de discriminación. Por exemplo, os 13 loci que se usan actualmente no CODIS están en distintos cromosomas e teñen [[distribución independente]] (ter certo número de repeticións nun locus non cambia a probabilidade de ter calquera número de repeticións noutro locus), polo que pode aplicarse o produto das probabilidades de cada locus. Isto significa que se alguén ten o tipo de ADN ABC, no cal os tres loci son independentes, podemos obter a probabiade de ter o tipo ABC multiplicando a probabilidade de ter A pola de ter B e pola de ter C. Na práctica esta multiplicación faríase cos 11 ou 13 loci STR usados segundo o país, obtendo probabilidades de obter na poboación un perfil de ADN igual de aproximadamente só 1 entre 1x10<sup>18</sup>. Porén, as procuras nas bases de datos mostran con moita máis frecuencia da agardada falsas correspondencias entre perfís de ADN.<ref>{{CiteCita newsnovas |last = Felch|first = Jason|autor2= et al|title = FBI resists scrutiny of 'matches'|newspaper = Los Angeles Times|pages = P8|date = July 20, 2008|url = http://articles.latimes.com/2008/jul/20/local/me-dna20|accessdate =}}</ref> Ademais, como hai uns 12 millóns de [[xemelgo monocigótico|xemelgos monocigóticos]] no mundo, a probabilidade calculada teoricamente non é exacta.
 
Na práctica, o risco de correspondencias contaminadas é moito maior que o de correspondencias cun parente distante, como ocorre con mostras contaminadas por obxectos próximos ou por restos de células transferidas desde unha proba anterior. Loxicamente, o risco de correspondencia é maior coa persoa máis común nas mostras: calquera cousa recollida da vítima ou en contacto con ela é unha fonte principal de contaminación para calquera outra mostra traída ao laboratorio. Por esa razón, o normal é examinar moitas mostras de control para asegurar que permaneceron limpas, cando estas se prepararon durante o mesmo período que a mostra real. Correspondencias inesperadas (ou variacións) en varias mostras de control indican unha alta probabilidade de contaminación na mostra real. Nunha proba de parentesco, o perfil de ADN en conxunto debería diferir (excepto en xemelgos) para probar que unha persoa non está realmente dando unha correspondencia co seu propio ADN presente noutra mostra.
Liña 136:
== Fabricación de ADN artificial ==
 
En 2009, científicos de [[Israel]] formularon serias dúbidas sobre o uso do ADN en investigación policial como método definitivo de identificación. Nun documento publicado na revista ''Forensic Science International: Genetics'', os investigadores israelitas demostraron que é posible fabricar ADN no laboratorio cunhas características determinadas, polo que se poderían falsificar así as probas de ADN. Os científicos fabricaron mostras de saliva e sangue, que contiñan ADN dunha persoa distinta da que se supoñía que era o doante.<ref name="pollack">{{citeCita newsnovas| url=http://www.nytimes.com/2009/08/18/science/18dna.html?_r=1|work=The New York Times|title=DNA Evidence Can Be Fabricated, Scientists Show|first=Andrew|last=Pollack|date=August 18, 2009|accessdate=April 1, 2010}}</ref>
 
Os investigadores mostraron que, usando unha base de datos de ADN, é posible tomar información dun perfil e fabricar un ADN que coincida con el, e que isto pode facerse sen necesidade de ter acceso a ningunha mostra real de ADN da persoa cuxo ADN se está a duplicar. Os ADN oligos sintéticos requiridos para este procedemento son de uso común nos laboratorios moleculares.<ref name="pollack"/> Deste modo poderíanse fabricar probas de ADN para deixalas na escena dun crime.
Liña 143:
 
== Casos ==
* O primeiro uso do perfil de ADN nunha investigación ocorreu en 1986, en [[Inglaterra]], onde Richard Buckland foi exonerado polas probas de ADN, a pesar de que se confesara autor da violación e asasinato dunha moza preto de [[Leicester]] (precisamente, a cidade onde se descubriu o perfil de ADN).<ref>{{citeCita newsnovas| url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/programmes/newsnight/8245312.stm|work=BBC News|title=DNA pioneer's 'eureka' moment|date=September 9, 2009|accessdate=April 1, 2010}}</ref>
* En 1987, na investigación do mesmo caso en que fora acusado Buckland, Colin Pitchfork foi o primeiro criminal capturado e condenado polas probas de ADN.<ref>Joseph Wambaugh, ''The Blooding'' (New York, New York: A Perigord Press Book, 1989), 369.</ref>
* En 1988 foi condenado por primeira vez en España unha persoa por probas do seu perfil de ADN nun caso de violación e asasinato, que foron analizados pola cátedra de Medicina Legal da Universidade de Zaragoza. A condena foi de 34 anos de cárcere.<ref>[http://webs.demasiado.com/elpalleter/qpa24.htm El ADN]</ref>