Glándula do sal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios
m Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro, {{cite web → {{Cita web (2), {{cite journal → {{Cita publicación periódica (2)
Liña 2:
[[Ficheiro:Sea turtle head.jpg|miniatura|300px|[[Tartaruga mariña]] excretando sal polos seus condutos lacrimais. Este "choro" das tartarugas só é visible cando están en terra.]]
 
A '''glándula do sal''' (ou de sal) ou glándula excretora de sal é un órgano para excretar o exceso de sales que teñen algúns animais. Encóntrase en [[elasmobranquio]]s (tiburóns e raias), [[aves mariñas]], e algúns [[réptile]]s. As [[glándula]]s dos [[tiburón]]s encóntranse no seu [[recto]], as das aves e réptiles na cabeza na área dos [[ollo]]s, [[fosas nasais]] ou [[boca]]. Estas glándulas teñen forma lobada e conteñen moitos túbulos secretores que radian cara afora desde a canle excretora do seu centro. Os túbulos secretores están tapizados por unha soa capa de [[célula epitelial|células epiteliais]]. O diámetro e lonxitude destas glándulas varía dependendo da inxestión de sal que faga a especie.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica|last=Ellis|first=Richard A.|author2=GOERTEMILLER, CLARENCE C. |author3=STETSON, DAVID L |title=Significance of extensive /'leaky/' cell junctions in the avian salt gland|journal=Nature|year=1982|volume=268|pages=555–556|bibcode=1977Natur.268..555E|doi=10.1038/268555a0|pmid=887174|issue=5620}}</ref>
 
As glándulas do sal manteñen o [[osmorregulación|equilibrio salino]] e permítenlles a algúns vertebrados beber [[auga de mar]].<ref name=OandE>{{citeCita web |url=http://www.cartage.org.lb/en/themes/sciences/Zoology/AnimalPhysiology/Osmoregulation/Osmoregulation.htm |title=Osmoregulation and Excretion |accessdate=2007-07-06 |last=O’Driscoll |first=K.J. |author2=Staniels, L.K. |author3= Facey, D.E. }}</ref> O [[transporte activo]] ten lugar por medio dunha [[bomba de sodio-potasio]], que se encontra na membrana basolateral das células da gándula, e o traslado o sal desde o [[sangue]] á glándula onde despois se excreta como unha solución concentrada.
 
== En aves ==
 
As glándulas do sal das aves teñen dous condutos principais, medial e lateral. Estas glándulas excretan cloruro de sodio [[hipertónico]] (con poucos ións doutro tipo) polo estímulo de [[osmorreceptor]]es centrais e periféricos e receptores de volume. As glándulas do sal actívanse cando se incrementa a [[osmolaridade]] do sangue, estimulando o procesamento da información [[hipotálamo|hipotalámica]], enviando sinais a través dun [[nervio parasimpático]] e activando a [[vasodilatación]], a liberación de [[hormona]]s ([[acetilacolina]] e [[péptido intestinal vasoactivo]]).<ref>{{citeCita journalpublicación periódica|last=Hildebrandt|first=Jan-Peter|title=Coping with excess salt: adaptive functions of external osmoregulatory organs in vertebrates|journal=Zoology|year=2001|volume=104|pages=209–220|doi=10.1078/0944-2006-00026}}</ref> A acetilcolina únese ao receptor na membrana basolateral das glándulas. Este á súa vez activa a liberación de calcio nas células epiteliais, a apertura de canles de potasio na membrana basolateral, por onde o potasio flúe fóra da célula, e canles de cloruro na membrana apical, por onde sae o cloruro da célula. Os ións son trasladados ás células epiteliais por un [[cotransportador de Na-K-Cl]], tamén situado na membrana basolateral. Os incrementos do nivel de sodio abren as canles de [[ATPase]] de sodio-potasio, eliminan o exceso de sodio pola membrana basolateral á vez que permiten que o potasio entre na célula. Fórmase un gradiente eléctrico ao acumulárense ions cloruro, que permite que o sodio pase a través das [[unión hermética|unións herméticas]] das células epiteliais das glándulas do sal xunto con cantidades mínimas de auga. Ademais, as células ricas en [[mitocondria]]s están asociadas con cambios na concentración de sal e colaboran co movemento de sales.
 
== En réptiles ==
 
A necesidade de excreción de sales en réptiles (como as [[iguana mariña|iguanas mariñas]] e [[tartarugas mariñas]]) e aves (como as [[pardela]]s e [[albatros]]) reflicte que teñen uns [[ril]]es moito menos eficientes que os dos mamíferos, xa que os riles dos [[mamíferos mariños]] poden tratar a auga do mar.<ref>{{citeCita web|url=http://www.ansci.cornell.edu/plants/adapt/salt.html |title=Plants Poisonous to Livestock - Cornell University Department of Animal Science |publisher=Ansci.cornell.edu |accessdate=2011-07-14}}</ref> A diferenza da [[pel]] dos [[anfibios]], a dos réptiles e aves é impermeable ao sal, impedindo a súa liberación.<ref name="Hazard">{{citeCita booklibro | last = Hazard | first = Lisa C. | title = Sodium and Potassium Secretion by Iguana Salt Glands | work = Iguanas: Biology and Conservation | publisher = University of California Press | pages = 84–85 | year = 2004 | isbn = 978-0-520-23854-1 }}</ref>
 
A evolución das glándulas de sal nos primeiros réptiles e aves permitiulles comer plantas acuáticas e animais con altas concentracións de sal. Este desenvolvemento evolutivo non explica as glándulas dos [[elasmobranquios]], seguramente orixinadas por [[converxencia evolutiva]].