Mecópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 26:
}}
 
Os '''mecópteros''' ('''Mecoptera'''), do [[grego antigo|grego]] ''meco-'' 'longo' e ''-ptera'' 'ás', son unha [[Orde (bioloxía)|orde]] de [[insecto]]s cunhas 550 especies distribuídas en nove [[Familia (bioloxía)|familias]], que se encontran en practicamente todo o mundo. A maior das súas familias é [[Panorpidae]], cuxos membros se denominan ás veces moscas escorpión, porque os seus xenitais están agrandados e parecen o aguillón dun [[escorpión]]. Os [[Bittacidae]] son outra familia importante de corpos alongados coñecidos polos seus elaborados rituais de apareamento, nos cales as femias elixen os machos baseándose na cantidade de presas de regalo que lles ofrezan os diversos machos.
 
Aínda que os mecópteros modernos son na súa inmensa maioría predadores ou consumidores de organismos mortos, os primeiros que apareceron na historia deste grupo puideron ter desempeñado un importante papel ecolóxico como [[polinización|polinizadores]] de extintas [[ximnospermas]] antes de que aparecesen outros insectos polinizadores.<ref name="Ollerton">Ollerton J. Coulthard E. (2009). Evolution of Animal Pollination. Science, 326: 808-809. {{DOI|10.1126/science.1181154}}</ref><ref name="Ren">Ren D, Labandeira CC, Santiago-Blay JA, Rasnitsyn A, Shih CK, Bashkuev A, Logan MA, Hotton CL, Dilcher D. (2009). Probable Pollination Mode Before Angiosperms: Eurasian, Long-Proboscid Scorpionflies. Science, 326 (5954), 840-847. {{DOI|10.1126/science.1178338}}</ref>
Liña 32:
== Anatomía e bioloxía ==
 
Os mecópteros son insectos de tamaño pequeno a medio con corpos alongados delgados. Teñen pezas bucais relativamente simples, con longas mandíbulas e palpos carnosos, que lembran ás dos máis primitivos [[dípteros]]. Como moitos outros insectos, posúen [[ollo composto|ollos compostos]] na parte lateral da cabeza, e tres [[ocelo]]s na parte superior. A maioría dos mecópteros aliméntanse de vexetación en ambientes húmidos; en climas máis cálidos, só poden estar activos durante curtos períodos do ano.<ref name=IIBD>{{citeCita booklibro |author= Hoell, H.V., Doyen, J.T. & Purcell, A.H. |year=1998 |title=Introduction to Insect Biology and Diversity, 2nd ed. |publisher= Oxford University Press |pages= 488–491|isbn= 0-19-510033-6}}</ref>
[[Ficheiro:Panorpa dubia (Mecoptera) anatomy.tiff|miniatura|300px|esquerda|Macho de ''[[Panorpa|Panorpa dubia]]''.<br/> A, Vista lateral do corpo; B–D. gonostilo e bulbo xenital do macho. B, vista dorsal; C, vista vetral; D, vista lateral. ep, epandrio; gcx, gonocoxita; gs, gonostilo; hv, hipovalva; hyp, hipandrio. A barra de escala representa 3 mm en A, e 1 mm en B–D]]
 
Liña 46:
== Evolución ==
 
As análises de [[ADN]] indican que as [[pulga]]s, tradicionalmente unha orde separada ([[Siphonaptera]]), poden considerarse como mecópteros altamente especializados.<ref>{{cite journal |last1=Whiting |first1=Michael F. |year=2002 |title=Mecoptera is paraphyletic: multiple genes and phylogeny of Mecoptera and Siphonaptera |journal=Zoologica Scripta |volume=31 |issue=1 |pages=93–104 |url=http://www3.interscience.wiley.com/journal/118916123/abstract |doi=10.1046/j.0300-3256.2001.00095.x }}</ref> Os [[Boreidae]] son un [[clado irmán]] dos Siphonaptera, polo que "Mecoptera" é [[parafilético]], pero hai un clado que contén tanto a Mecoptera coma a Siphonaptera, cunhas 3.000 especies coñecidas.<ref name=WiegmannYates2012>{{citeCita booklibro |last1=Wiegmann |first1=Brian |last2=Yeates |first2=David K. |title=The Evolutionary Biology of Flies |url=https://books.google.com/books?id=rElP5sNn6IYC&pg=PA5 |year=2012 |publisher=Columbia University Press |isbn=978-0-231-50170-5 |page=5 |quote=Recentemente, foi demostrada convincentemente unha estreita afinidade entre Siphonaptera e Mecoptera por medio da morfoloxía (Bilinski et al. 1998) e os datos moleculares (Whiting 2002), o que converte a Mecoptera en parafilético, pero fai ao clado que inclúe a Mecoptera e Siphonaptera monofilético... hai un consenso xeral entre os entomólogos que as relacións descritas antes están relativamente ben establecidas.}}</ref> Dúas [[sinapomorfia]]s son a produción de [[resilina]], un tipo moi flexible e elástico da cutícula e unha reversión a [[ovaríola panoística|ovaríolas panoísticas]].<ref>[http://what-when-how.com/insects/ovarioles-insects/ Ovarioles (insects)]</ref>
 
Os mecópteros teñen especial importancia na evolución dos Insecta. Dúas das máis importantes ordes de insectos, [[Lepidoptera]] e [[Diptera]], xunto con [[Trichoptera]], probablemente evolucionaron a partir de antepasados que pertencían (ou estaban estritamente relacionados) aos Mecoptera. Isto faise evidente polas semellanzas anatómicas e bioquímicas, pero, ademais, descubríronse [[fósil transicional|fósiles transicionales]], como ''[[Permotanyderus]]'' e ''[[Choristotanyderus]]'', que se encontran a medio camiño entre os Mecoptera e os Diptera.<ref name=IIBD/>
Liña 90:
=== Bibliografía ===
 
* {{citeCita booklibro|author=[[David Grimaldi (entomologist)|Grimaldi, D.]] and [[Michael S. Engel|Engel, M.S.]] |title=Evolution of the Insects|year=2005|publisher=[[Cambridge University Press]]|isbn=0-521-82149-5}}
* {{cite journal |author=Archibald, S.B. |title= New Dinopanorpida (Insecta: Mecoptera) from the Eocene Okanogan Highlands (British Columbia, Canada and Washington State, USA) |year=2005| journal = [[Canadian Journal of Earth Sciences]] |volume = 42 | issue = 2| pages =119–136 |doi= 10.1139/e04-073}}