Manuel Daniel Varela Buxán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
Xas (conversa | contribucións)
m datiño e referencia
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Lamas, A Estrada|Lamas]] ([[A Estrada]]) o [[2 de marzo]] de [[1909]]. En 1919 trasladouse a [[Cádiz]] co seu padriño, que tiña un fritidor de peixe, permanecendo na cidade gaditana durante dez meses. Con vinte e un anos, viuse na obriga de emigrar para [[Arxentina]]. En [[Buenos Aires]] fundou a compañía Aires da Terra. En [[1938]], estreou nesa cidade a súa primeira obra de éxito: ''Se o Sei... Non Volvo á Casa''. Editou con [[Xosé Tobío Mayo]] e [[Manuel García Gerpe]] a folla “Crisol Gallego” que saía publicada no xornal ''Sábado'' <ref>[http://pacucho.blogspot.com/2009/08/galaxia-publicara-novela-de-xose-tobio.htm lGalaxia publicará a novela inédita de Xosé Tobío Maio]</ref>.
 
Na Arxentina casou coa actriz [[Maruxa Villanueva]], coa que fundafundou a Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva. En [[1942]] [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]] asistiu á representación da obra de Varela Buxán ''Pola Nosa Culpa''. Marabillado do éxito de público co que contaba a dramática de Varela Buxán, confioulle á compañía Marujita Villanueva a estrea da súa obra ''[[Os vellos non deben de namorarse]]''. Precisamente, a representación desta obra alternaba cada dez días con outra de Varela Buxán: ''Taberna sen Dono''.
 
En [[1950]] retornou a [[Galiza]], onde exerceu como asistente técnico sanitario<ref name="GEG">{{Cita enciclopedia |artigo=Varela Buxán, Manuel Daniel |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |id=ISBN 84-87804-88-8 }}</ref> e continuou desenvolvendo o seu labor teatral. As súas obras non gozaron de edición escrita ata a década de 1970.