Proteína quinase activada por mitóxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 48:
[[Ficheiro:MAPK-pathway-mammalian.png|miniatura|Diagrama global simplificado das vías MAPK en mamíferos, organizadas en tres módulos principais de sinalización (ERK1/2, JNK/p38 e ERK5).]]
 
A vía [[quinases reguladas por sinal extracelular|ERK1/2]] dos mamíferos é probablemente a máis caracterísitca do sistema MAPK. Os activadores de augas arriba máis importantes desta vía son as proteínas Raf ([[ARAF|A-Raf]], [[BRAF (xene)|B-Raf]] ou [[c-Raf]]), que son os mediadores clave da resposta a factores de crecemento ([[factor de crecemento epidérmico|EGF]], [[factor de crecemento de fibroblastos|FGF]], [[PDGF]] etc.); perooutraspero outras MAP3K como c-Mos e [[MAP3K8|Tpl2/Cot]] poden tamén desempeñar a mesma función. Estes tres encimas fosforilan e activan as quinases [[MAP2K1|MKK1]] e/ou [[MAP2K2|MKK2]], que son activadores moi específicos para [[MAPK3|ERK1]] e [[MAPK1|ERK2]]. Este último fosforila varios substratos importantes para a [[crecemento celular|proliferación celular]], [[ciclo celular|progresión do ciclo celular]], [[Mitosemitose]] e [[diferenciación celular]] ([[quinase ribosómica s6|RSK quinases]], [[ELK1|Elk-1]] [[factor de transcrición|factores de transcrición]] [[ELK1|Elk-1]] etc.)
 
A diferenza da relativamente ben illada [[vía MAPK/ERK|vía ERK1/2]], as quinases [[proteína quinases activadas por mitóxeno p38|p38]] e [[quinases N-terminais c-Juns|JNK]] de mamíferos comparten a maioría dos seus activadores a nivel da MAP3K ([[MAP3K1|MEKK1]], [[MAP3K4|MEKK4]], [[MAP3K5|ASK1]], [[MAP3K7|TAK1]], [[MAP3K11|MLK3]], [[TAOK1]] etc.). Ademais, algúns encimas MAP2K poden activar tanto p38 coma JNK ([[MAP2K4|MKK4]]), mentres que outras son máis específicas para JNK ([[MAP2K7|MKK7]]) ou para p38 ([[MAP2K3|MKK3]] e [[MAP2K6|MKK6]]). Debido a estas interconexións, hai moi poucos ou ningún estímulos que poidan provocar a activación de JNK sen activar tamén simultaneamente p38 ou ao revés.<ref name="pmid21372320">{{cite journal | vauthors = Cargnello M, Roux PP | title = Activation and function of the MAPKs and their substrates, the MAPK-activated protein kinases | journal = Microbiology and Molecular Biology Reviews | volume = 75 | issue = 1 | pages = 50–83 | date = Mar 2011 | pmid = 21372320 | pmc = 3063353 | doi = 10.1128/MMBR.00031-10 }}</ref> Tanto as vías de sinalización de JNK coma a de p38 son responsables de responder aos estímulos de estrés, como [[citocina]]s, [[raios ultravioletas|irradiación ultravioleta]], [[shock térmico]] e [[shock osmótico]], e están implicadas na [[adaptación celular|adaptación ao estrés]], [[apoptose]] ou [[diferenciación celular]]. As JNK teñen varios substratos específicos que só elas poden fosforilar ([[c-Jun]], [[NFATC3|NFAT4]] etc.), mentres que as p38 teñen tamén dianas exclusivas (por exemplo as MAPKAP quinases [[MAPKAPK2|MK2]] e [[MAPKAPK3|MK3]]), polo que cómpren ambas para responder axeitadamente aos estímulos de estrés.