Patricio de Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: endago commons
m Arranxos varios
Liña 16:
'''San Patricio''', nado co nome de '''Maewyin Succat''' en [[Old Kilpatrick]] ([[Dumbarton]], [[Escocia]]) cara ao [[387]] e finado en [[Saul, Irlanda|Saul]] ([[Condado de Down]], [[Irlanda do Norte]]) un [[17 de marzo]] cara ao [[460]] ou cara ao [[492]], foi un misioneiro cristián, é venerado como [[santo]] pola [[Igrexa Católica]].
 
Patricio é venerado non só como [[apóstolo]], senón como [[santo patrón]], da [[Irlanda]]. É festexado por toda a comunidade católica irlandesa no mundo o [[17 de marzo]], data da súa morte.
 
== Traxectoria ==
Maewyin Succat, que máis tarde tomará o nome cristián de [[Patricio]], era fillo de Calpurnio e Conchessa, nobres brito-romanos. Raptado na súa xuventude por piratas irlandeses, foi vendido como escravo ó rei do Norte [[Dal Riada]], na actual [[Irlanda do Norte]]. Aquí aprendeu a [[lingua gaélica]] e a [[druidismo|relixión céltica]]. Na obra que escribiu, ''Confesión'', relata a súa vida de escravo en terra irlandesa coidando rabaños nos bosques de Fochoill, en [[Condado de Mayo|Mayo]]. Da súa narración translócese a súa rexa tenacidade. Á idade de vinte anos, disposto a tornar á súa patria, foxe do seu amo e percorre duascentas millas en territorio completamente descoñecido ata atopar unha pasaxe nunha barca con máis viaxeiros.
 
Tras arribaren á [[Escocia]] atopan unha terra completamente erma e abandonada. Durante días vagan coa súa pouca equipaxe en busca de sinais de vida e de algo que comer. Despois de moito tempo e case desfalecidos por falta de alimento, os seus acompañantes séntense desamparados da man de deus e, segundo el mesmo relata, tentará animalos para que teñan fe e crean no Señor porque a El nada lle é imposible e pode enviar víveres para sacialos na abundancia.
 
Atopan un rabaño de porcos e comen ata saciarse. Isto causa o efecto dunha conversión nos seus compañeiros de aventura. Mais traerá consigo consecuencias non queridas e, deseguida, conta Patricio, acaba sendo levado preso con outro amo outros dous meses. Tras esta paréntese, desexoso de ver de novo os seus pais, conseguirá por fin reunirse con eles cando conta xa con vinte e un anos. Por este tempo ten un soño no que un home lle leva unha chea de cartas de Irlanda na que o chaman para que vaia a vivir no medio deles. Patricio interprétao como un convite para que vaia predicar as [[Escrituras]] entre os irlandeses.
 
Determinado na súa decisión de dedicarse totalmente a Deus, ós vinte e catro anos abandona a familia e diríxese á [[Galia]]. Permanecerá en terras galas dende o [[415]] ó [[432]] visitando os principais mosteiros dos seu tempo, [[Marmoutier]] cerca de [[Tours]] e as illas de [[Lérins]], preto de [[Cannes]] no [[mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. Logo encamiñarase cara á cidade de [[Auxerre]] na [[Borgoña]], por aqueles tempos principal centro de estudos cristiáns, onde transcorrera un longo tempo baixo a vigorosa dirección de dous bispos, [[Anatore]] e [[San Xermán|Xermán]]. Ó final da súa estada é ordenado bispo polo papa [[Celestino I, papa|Celestino I]] (morreu no 431), que lle encomenda a misión de evanxelizar a Irlanda.
 
No [[432]] desembarca de novo en [[Irlanda]] onde inicia unha intensa actividade apostólica, na que o seu coñecemento da lingua e dos costumes do seu pobo lle son de grande axuda. O pobo irlandés, moi ligado ás súas tradicións, cun profundo sentido do sagrado, e cunha respectada caste de sacerdotes chamados [[druídas]], acolle de maneira entusiasta a mensaxe de Patricio. Na historia das [[evanxelización]]s o pobo irlandés é probablemente un dos únicos que se converteu ó [[cristianismo]] sen ningún derramamento de sangue.
Liña 32:
Unha lenda irlandesa atribúelle a fazaña de librar a illa de cobras, un acto que simbolizaba a conversión do pobo de [[Irlanda]] pois as serpes simbolizaban a [[Satán]], o inimigo responsable da ignorancia do [[deus]] verdadeiro. Irlanda é hoxe o único país das [[Illas Británicas]] que non ten [[ofidios]]. En realidade non os tivo dende a era pos-glacial.
 
A tradición tamén lle apón a San Patricio o feito de aprenderlles ós irlandeses o concepto da [[trindade]] amosándolles un [[trevo]] de tres follas e explicándolles que, coma o trevo, Deus era unha única unidade con tres persoas distintas (en oposición ás crenzas [[arianismo|arianas]] populares no tempo de San Patricio.
 
[[Ficheiro:Irish clover.jpg|miniatura|dereita|100px|Shanrock, trevo irlandés.]]