Rerum Novarum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Contido principal: Arranxos varios
Liña 50:
=== Contido principal ===
* Propiedade privada: aínda que non distingue entre bens de consumo e bens de produción, nin matiza axeitadamente todos os seus argumentos. Considera que todos teñen dereito a acceder a ela, incluso a considera como garantía da defensa da dignidade humana do obreiro.
 
* Salario: rexeita a [[Economía#oferta e demanda|lei da oferta-demanda]] como criterio para establecer a súa contía. Propón como norma a valoración e dignidade do [[traballo (socioloxía)|traballo humano]]: dunha banda é un medio para a subsistencia e doutra, a persoa deixa unha pegada persoal no traballo. Queda aberta para posteriores documentos un tema que se convertirá en típico na doctrina social, se o salario debe ser individual (só ten en conta o traballador) ou familiar (o seu cálculo debe ter en conta as circunstancias familiares do obreiro).
 
* [[Loita de clases]]: non a acepta por contraria ao Evanxeo. No seu lugar propón a mutua colaboración entre patronos e obreiros baseada no cumprimento dos dberes propios de cada [[clase social]].
 
* [[Sindicato]]s: defende o dereito e a necesidade das asociacións, sexan de só obreiros ou de obreiros e patronos. Inclínase pola existencia de sindicatos confesionais católicos, aínda que non o impón de xeito tallante. Mudará en parte a súa postura na posterior encíclica [[Longinqua]]. De calquera xeito, queda un tema aberto sobre o que os papas volverán en documentos posteriores.
* Posición ante o [[capitalismo]] e o [[socialismo]] (tal e como se entendían no século XIX): hai un claro trasfondo antisocialista. Contra a postura socialista dirixe a primeira parte da encíclica. Pero tamén é claramente anticapitalista en tres afirmacións básicas: