Vicente Aranda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*despegue > engalaxe.
m Arranxos varios
Liña 39:
 
== Traxectoria ==
Aranda estaba ligado á chamada ''Escola de Barcelona'', cuxa estética refinada supuxo unha novidade no [[Cinema de España|cinema español]]. ''[[Fata Morgana (filme)|Fata Morgana]]'' (1966), unha das súas obras máis representativas está encadrada nesta corrente. Tras ela abordou xéneros máis comerciais de cinema fantástico e cinema erótico en ''[[Las crueles]]'' (1969), ''[[La novia ensangrentada]]'' (1972) e ''[[Clara es el precio]]'' (1974).
 
Tratou con máis rigor o tema da [[transexualidade]] en ''[[Cambio de sexo (filme)|Cambio de sexo]]'' (1977) y levou á pantalla ''[[La muchacha de las bragas de oro]]'' (1980), adaptación da novela de [[Juan Marsé]]. Ambos os dous filmes contribuíron á engalaxe profesional de [[Victoria Abril]].
Liña 45:
En 1982 dirixiu ''[[Asesinato en el Comité Central]]'' (1982), baseada na novela de [[Manuel Vázquez Montalbán]], filme policíaco ironicamente tinguido de política. ''[[Fanny Pelopaja]]'' (1983) é o retrato sen concesións dunha moza de suburbio e dun policía corrompido.
 
A finais da década de 1980 acadou os seus maiores éxitos comerciais. Entre 1987 e 1988 rodou dous filmes sobre a personaxe de [[El Lute]] que lanzaron á fama o seu protagonista, [[Imanol Arias]], e conseguiron boa acollida entre a crítica e o público. ''[[Amantes (filme)|Amantes]]'' (1991) foi o maior triunfo de Aranda: causou sensación polas súas audaces escenas sexuais, gañou os dous [[premios Goya]] principais (mellor filme e mellor director) e o Oso de Prata á mellor actriz no [[Festival Internacional de Cinema de Berlín|Festival de Berlín]] para Victoria Abril e contribuíu á consagración de [[Maribel Verdú]] e [[Jorge Sanz]].
 
A principios da década de 1990 volveu rodar cun dos seus "actores fetiche", Imanol Arias, ''[[El amante bilingüe]]'' (con [[Ornella Muti]]) e ''[[Intruso]]'' (con [[Ángel Valero]] e Victoria Abril). Seguiunas en 1994 ''[[La pasión turca (filme)|La pasión turca]]'', con [[Ana Belén]] e [[Georges Corraface]].
 
En 1996, ''[[Libertarias]]'', sobre un grupo de mulleres anarquistas en plena [[Guerra Civil Española|guerra civil]] reuniu un dos maiores elencos do cinema español: Ana Belén, Victoria Abril, [[Ariadna Gil]], [[Loles León]], Jorge Sanz, [[José Sancho]], [[Miguel Bosé]]...
 
En 2001 levou á fama a [[Pilar López de Ayala]] no papel principal de ''[[Juana la Loca (filme)|Juana La Loca]]'', polo que gañou o [[Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista|Goya á mellor actriz]]. En 2003 dirixiu a [[Paz Vega]] en ''[[Carmen (filme de 2003)|Carmen]]'', baseado na novela ''[[Carmen (novela)|Carmen]]'', de [[Prosper Mérimée]].
 
Insistindo no drama histórico, abordou a [[Tirante el Blanco (filme)|adaptación]] da narración medieval ''[[Tirant lo Blanc]]'', cun elenco internacional e heteroxéneo, desde Victoria Abril e [[Rafael Amargo]] ata [[Giancarlo Giannini]] e [[Charlie Cox]].
 
== Filmografía ==
Liña 94:
* {{IMDb|0033005}}
 
{{ORDENAR:Aranda, Vicente}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Aranda, Vicente}}
[[Categoría:Directores de cine de España]]
[[Categoría:Nados en Barcelona]]