Cheka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Portal|Rusia}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 13:
|axencia_superior = [[Ficheiro:Coat of arms of the Soviet Union (1923–1936).svg|40px|center]] <center>Consello de Comisarios do Pobo</center>
}}
A '''Cheka''' ('''ЧК''' - чрезвыча́йная коми́ссия ''chrezvychaynaya komissiya'', do [[lingua rusa|ruso]]: ''Comisión de Emerxencias'', <small>[[Alfabeto Fonético Internacional|AFI]]</small>: [tɕɪˈka]) foi a primeira dunha serie de organizacións [[Unión Soviética|soviéticas]] de seguridade do [[Estado]]. Foi creada o [[20 de decembro]] de [[1917]], despois dun decreto emitido por [[Vladimir Lenin]] e posteriormente liderada polo [[aristócrata]] convertido ao [[comunismo]] [[Felix Dzerzhinsky]].
 
Por extensión, denomináronse «chekas» as diversas policías políticas secretas que xurdiron con posterioridade noutros países. Na [[Segunda República Española|España republicana]] tamén recibiron o nome de "chekas" os locais que durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] utilizaban organismos análogos, adoito parapoliciais, para deter, interrogar, torturar e xulgar de forma sumarísima.
 
== A axencia ==
A finais de 1918 foron creados centos de comités Cheka en varias cidades en múltiples niveis incluíndo as cheka de ''[[oblast]]'', ''[[guberniya]]'' ("Gubcheks"), ''[[raion]]'', ''[[uyezd]]'' e ''[[volost]]'', con comisarios extraordinarios no ''raion'' e no ''volost''. Moitos miles de disidentes, desertores ou outras persoas foron detidas, torturadas ou executadas por varios grupos da Cheka. Despois de 1922, os grupos de Cheka sufriron unha serie de reorganizacións, coa [[NKVD]], en corpos cuxos membros continuaron sendo chamados "Chekisty "(Chekistas) ata finais de [[1980]].
 
Co ascenso de [[Vladimir Putin]] ao poder, a referencia aos membros do [[FSB]] como "chekistas" continuou a ser utilizada sobre todo polos opositores políticos de Putin, a miúdo con connotacións negativas. Desde a súa fundación, a Cheka foi un importante brazo militar e de seguridade do goberno comunista [[bolxevique]]. En 1921 as Tropas de Defensa Interior da República (unha rama da Cheka) tiñan 200.000 membros.