¡Basta Ya!: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 2:
 
==Historia e características==
Pese ao carácter universalista dos seus ideais, a organización ten a súa razón de ser na oposición ao terrorismo de [[ETA]]. ''¡Basta Ya!'' caracterízase polo seu carácter activista{{Cómpre referencia}}, posto que non só defenden os mencionados ideais, senón que tamén os promoven mediante a convocatoria de [[manifestación]]s e actos de protesta.
 
No ano [[2000]] recibiu do [[Parlamento Europeo]] o [[Premio Sajarov]], premio concedido a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e as [[liberdade]]s. En [[maio]] de [[2007]], coa colaboración moitos dos seus membros, xurdiu no seu seo unha plataforma, a ''Plataforma Pro'', cuxo obxectivo era a creación dun novo [[partido político]] [[España|español]] como alternativa ao [[PP]] e ao [[PSOE]], partido plasmado en [[Unión Progreso y Democracia]].
 
==Membros==
Coñecidos membros da plataforma son [[Jon Juaristi]], [[Joseba Pagazaurtundua]] (asasinado por ETA no 2003), [[Maite Pagazaurtundua]], [[Arcadi Espada]], [[Carmen Igresias]], [[Javier Urquizu]], [[Iñaki Ezkerra]], [[Agustín Ibarrola]], [[Rosa Díez]] e [[Fernando Savater]].
 
==Véxase tamén==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.bastaya.org/ Páxina web de ¡Basta Ya!] {{es}}
 
[[Categoría:Activismo social]]