Casa Lleó Morera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios
Liña 3:
A '''Casa Lleó Morera''' é un edificio modernista do arquitecto [[Lluís Domènech i Montaner]] situado no número 35 do [[Passeig de Gràcia]] de Barcelona. O proxecto foi unha encarga feita en 1902 por Francesca Morera para reformar a antiga Casa Rocamora construída en 1864. Á súa morte, no ano 1904, o seu fillo Albert Lleó i Morera continuou coas obras e deulle nome ó edificio. A obra rematou o 10 de marzo de 1905.
 
É un dos tres edificios feitos por grandes arquitectos modernistas -[[Gaudí]], [[Josep Puig i Cadafalch|Puig i Cadafalch]], [[Lluís Domènech|Domènech i Montaner]]- que forman parte da chamada ''[[Mansana de la Discòrdia]]'', xunto coa [[Casa Batlló]] e a [[Casa Amatller]]. A Casa Lleó i Morera é a única que conseguiu o premio do [[Concurs anual d'edificis artístics]] outorgado polo [[Concello de Barcelona]], en concreto na edición de 1906.
 
Trátase dunha obra [[modernismo|modernista]] que [[Lluís Permanyer]] cualificou como «un [[Palau de la Música Catalana]] a escala reducida».