George Sanders: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
secundario
m Arranxos varios
Liña 39:
 
== Traxectoria ==
Nado no [[Imperio Ruso]] de pais ingleses, regresaron ao seu país tralo triunfo da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]]. Tras graduarse traballou nunha axencia de publicidade, onda a secretaria e entón aspirante a actriz [[Greer Garson]] lle suxeriu que intentase ser actor. Debutou no cinema británico en 1929 e sete anos máis tarde participou no seu primeiro filme estadounidense.
 
O seu forte acento inglés levouno a participar en numerosos filmes nas décadas seguintes. En 1950 gañou o [[Oscar ó mellor actor secundario|Oscar ao mellor actor secundario]] en 1950 polo seu papel do crítico teatral Addison DeWitt en ''[[Todo sobre Eva]]''.
 
Desde 1957 participou en series de televisión como ''[[The Man From U.N.C.L.E.]]'' ou ''[[Batman (serie)|Batman]]'' e puxo a voz a Shere Khan na produción de Disney ''[[The Jungle Book (filme de 1967)|The Jungle Book]]''.
 
Tralo seu matrimonio con [[Magda Gabor]] (irmá maior da súa segunda esposa [[Zsa Zsa Gabor]]) comezou a beber e nos seguintes anos a súa saúde empeorou caendo na demencia. En 1972 alugou un cuarto nun hotel de [[Castelldefels]] onde foi atopado morto dous días despois, vítima dun ataque ao corazón provocado tras tomar cinco botes de [[Pentobarbital|Nembutal]]. O seu pasamento foi considerado un [[suicidio]], xa que deixou unha nota que dicía:
 
{{cita|Dear World, I am leaving because I am bored. I feel I have lived long enough. I am leaving you with your worries in this sweet cesspool. Good luck. (Querido Mundo, marcho porque estou aburrido. Sinto que vivín abondo. Déixote coas túas preocupacións nesta doce fosa. Boa sorte.)}}
 
== Filmografía ==
Liña 188:
=== Ligazóns externas ===
* {{IMDb|1695}}
 
{{ORDENAR:Sanders, George}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Sanders, George}}
[[Categoría:Actores do Reino Unido]]
[[Categoría:Nados en San Petersburgo]]