Tonsila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎top: Arranxos varios
Liña 2:
No campo da [[anatomía]], a '''tonsila''', antes denominada '''amígdala''', é un órgano con forma de [[améndoa]] (en [[latín]] é o que significa, amendoíña), formado pola unión de numerosos [[ganglio linfático|nódulos linfáticos]].
 
Dáselle este nome en especial á amígdala palatina pero, por extensión, tamén se denomina tonsila a calquera órgano constituído por un [[retículo]] de tecido linfoide e [[epitelio|epitelial]], que contén [[folículo]]s [[linfático]]s.
 
As tonsilas son [[Tecido (bioloxía) |tecido]] linfoide situado na [[farinxe]] e que constitúen o [[Anel de Waldeyer]]. Segundo a localización en que se atopen na farinxe, chámanse:
 
* Tonsila farínxea (ou amígdala de [[Luschka]]): situada no teito ou [[bóveda]] da farinxe, na súa porción nasal. Nos nenos adoitan estar hipertrofiadas e entón chámanse [[adenoides]], chegando a provocar [[insuficiencia respiratoria]] nasal e deformación facial ([[vexetacións]]), polo que adoitan extirparse.