Giralda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
pequenos arranxiños
m →‎Descrición da torre: Arranxos varios
Liña 23:
A torre, debido á súa complexa historia, está constituída por varios corpos aínda que perfectamente imbricados, mostrando un exemplo perfecto da riqueza do crisol de culturas existente na cidade. Para a construción do corpo musulmán, tal e como se pode apreciar na súa base, empregáronse os restos dalgúns edificios e sillerías da [[Hispalis]] romana, podéndose atopar neles varios epígrafes en [[latín]].
 
O corpo é de planta cadrada e na parte superior, entre os engadidos de estilo renacentista levados a cabo por Hernán Ruiz II, entre [[1566]] e [[1568]], distínguense as seguintes partes:
 
* En primeiro lugar atópase o corpo de campás, levantado entre [[1560]] e [[1562]], está rematado coa chamada ''Terraza das Azucenas'', polas catro xarras de azucenas de bronce, unha en cada esquina, obras colocadas orixinalmente en [[1751]] e restauradas polo ourive [[Fernando Marmolejo Camargo]], coñecido popularmente como "o prioste da Giralda".