Queixo Gouda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Gouda.jpg|260px|miniatura|Queixo Gouda]]
[[File:13-06-27-gouda-by-RalfR-127.jpg|thumb]]
O '''gouda''' é un [[queixo]] [[amarelo|amarelado]] [[Países Baixos|neerlandés]], chamado así pola cidade de [[Gouda]]. O termo "gouda" é hoxe en día un nome xenérico, non estando limitado aos queixos de orixe neerlandesa. O termo "[[Noord-Hollandse Gouda]]" ("gouda de Holanda Setentrional") está rexistrado nos [[Estados Unidos de América|EEUU]] como unha [[denominación de orixe]] protexida. O curioso disto é que a cidade de Gouda está situada na provincia de [[Holanda Meridional]]; con todo, os queixos do tipo gouda de [[Holanda Setentrional]] teñen mellor reputación pola súa calidade.
 
==Elaboración==
O [[queixo]] elabórase a partir do leite de [[vaca]] [[Pasteurización|pasteurizado]], procesado e recalentado ata que os [[callo]]s sepáranse do [[Soro de leite|soro]]. Aproximadamente o dez por cento da mestura son callos, os cales son presionados dentro de [[molde]]s [[Círculo|circulares]] durante un par de [[hora]]s.
 
Os moldes danlle ao queixo a súa forma tradicional. Enseguida, o queixo é impregnado en [[salmoira]] que lle dá unha codia peculiar e enriquece o seu [[sabor]]. Despois de que o sal é absorbida, sécase o queixo durante un par de días antes de ser recuberto para impedir que se seque. Despois deixase madurar por polo menos dúas semanas antes de que estea listo para consumirse.
 
==Descrición==
O gouda é un queixo semiduro de forma [[Cilindro|cilíndrica]] coa superficie lateral convexa, formando unha curva suave que une a superficie plana superior coa inferior. A relación altura-diámetro varía de 1/4 a 1/3 e o peso vai de 2,5 a 30 [[quilo]]s. Tamén pode presentarse en forma de bloque [[Prisma|prismático]] con caras cadradas ou rectangulares dun peso de 10 quilos como mínimo, ou, finalmente, como un bloque prismático de caras rectangulares nas que a lonxitude ao lado máis longo é máis do dobre que a ao lado máis curto e un peso entre 2,5 e 5 quilogramos.
 
Salvo o segundo formato indicado, que pode presentarse sen cortiza, o resto dos gouda levan unha codia dura seca ou revestida de [[cera]] ou dunha suspensión plástica ou dunha película de [[aceite vexetal]] e cor amarelada.
 
A pasta é de textura firme, pode cortarse facilmente. Ten cor palla. Presenta ollos en número variable, distribuídos regular ou irregularmente no interior do queixo, de forma máis ou menos redonda e tamaño variable desde o da cabeza dun [[alfinete]] ao dun [[chícharo]].
 
Recoméndase que o queixo gouda non se consuma ata que non teña polo menos cinco [[semana]]s de maduración para que alcance todas as súas características.
 
==Tipos de gouda==
Os queixos gouda de [[exportación]] adoitan ser unha variedade máis recente (cun período de maduración de entre 1 e 6 meses, de cor amarela e de cuberta [[Vermello|vermella]] ou amarela de [[parafina]]). Localmente, pódense atopar queixos gouda (''madurados'' dende 12 ata 18 meses, dunha cor entre laranxa e amarelo, ás veces distinguible pola cuberta negra que posúen). O ''gouda afumado'' é común en moitas tendas e supermercados.
 
Tamén hai «Mini-Gouda», pequenos queixos de forma [[Cilindro|cilíndrica]] de superficie lateral convexa formando unha curva suave que une a superficie plana superior coa inferior. A relación altura-diámetro é de 1/2 aproximadamente. O peso oscila entre os 180 [[gramo]]s e o [[quilo]] e medio. Recoméndase que o queixo Mini-Gouda non se consuma ata que non teña tres [[semana]]s de maduración, para que acade todas as súas características.