Hole: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiños
m →‎''Celebrity Skin'': Arranxos varios
Liña 63:
Hole fixo unha xira por [[Australia]] e [[Nova Zelandia]] en [[1999]], contando cunha nova batería, [[Samantha Maloney]], e participou do festival Big Day Out. En febreiro a banda inicia unha nova xira por Estados Unidos ao lado de Marylin Manson, pero acaba saíndose da xira meses despois, alegando "diferenzas de produción".
 
A finais de 1999, Courtney Love participou na película ''Man On The Moon'' ao lado de [[Jim Carrey]] e a banda anunciou que xa estaba comezando a compoñer material para o novo álbum, sen a presenza da baixista Melissa Auf der Maur, que deixou a banda para ingresar en The Smashing Pumpkins.
 
Pero o futuro de Hole tornouse incerto un ano despois cando, descontenta co trato recibido pola Geffen despois da súa fusión coa Universal, Courtney Love decidiu abandonar a discográfica. O resultado foi unha batalla xurídica que dura ata hoxe, debido a que Hole tiña un contrato coa Geffen para lanzar cinco álbums. O argumento de Courtney era que unha lei do [[California|Estado de California]] garante a calquera traballador o dereito de romper un contrato despois dun prazo de sete anos (Hole asinara coa Geffen en [[1992]]).
 
Mentres non se ditase sentenza, Courtney Love e [[Eric Erlandson]] estaban impedidos de lanzar calquera material novo baixo o nome de Hole. A partir de aí, Courtney partiu cara unha cruzada polos dereitos dos artistas, organizando conferencias e defendendo a idea en discursos e entrevistas. Hole tamén puxo varios MP3s de material raro gratuitamente na súa páxina web.