Castro de Rei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 133:
 
=== Climatoloxía ===
Castro de Rei presenta un [[clima temperado]], con abundantes precipitacións nos meses do [[inverno]]. Dende o punto de vista paisaxístico, se algo caracteriza a toda a comarca son as súas planicies e os seus extensos humedais, morada de [[aves]] acuáticas e de grandes comunidades de [[anfibio]]s. Asociada a estes humedais aparece unha paisaxe en mosaico, de gran riqueza ecolóxica, con amplitude de cores e variedade de hábitats: pradeiras, cultivos, [[bosque]]s, uceiras e xunqueiras, soutos, carballeiras.
 
== Patrimonio histórico e artístico ==
A cabeza do concello, a vila de Castro de Rei, é conxunto histórico artístico desde 1971 e paraxe pintoresco.<ref name="web">[https://www.castroderei.gal/historia/ Historia. Páxina web do concello]</ref> Está situado nun outeiro que foi castro e despois fortaleza conservándose parte das murallas do castro e do castelo. O castelo databa do século XVI mais a súa torre caeu en 1941.<ref name="web"/> O blasón e o escudo do castelo pertencen á casa de Lemos e pódese ver o escudo intacto exposto a un lado da casa do concello.
 
Na parroquia de [[Ansemar, Castro de Rei|Ansemar]] hai [[megálito]]s e unha posible vila de [[Roma antiga|época romana]] coñecida como [[Vila de Arcas]].
Liña 152:
Na parroquia de [[Ribeiras de Lea, Castro de Rei|Ribeiras de Lea]] hai varios [[megálito]]s.
 
Na parroquia de [[Santa Locaia, Castro de Rei|Santa Locaia]] hai unha [[necrópole]] [[megalitismo|megalítica]] e o [[castro da Escrita de Santa Locaia]]. Ademais nesta parroquia hai quen asegura que o monte que agora é o Sagrado Corazón é o [[Monte Medulio]].
 
Na parroquia de [[Viladonga, Castro de Rei|Viladonga]] están o [[Castrelo de Viladonga]] e mais o [[castro de Viladonga]], exemplo de [[castro (poboado)|castro]] de ocupación tardía, e que conta cun [[Museo do Castro de Viladonga|Museo monográfico]] no que se expoñen pezas da [[cultura castrexa]] atopadas no [[sitio arqueolóxico]]. Este castro é un bo exemplo dun castro rural que seguiu habitado en época romana. O museo creado en 1983 é unha boa mostra do traballo que se debe realizar para coñecer a vida durante esa época. A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións feitas aquí desde 1972, e a necesidade de investigalos e expoñelos fan que as escavacións sigan a día de hoxe e a actualización do museo tamén.