Interseccionalidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
m Arranxos varios
Liña 2:
 
A interseccionalidade mantén que as conceptualizacións clásicas de opresión na sociedade –como o [[racismo]], o [[sexismo]], o [[capacitismo]], a [[homofobia]], a [[transfobia]], a [[xenofobia]] e todos os prexuízos baseados na [[intolerancia]]– non actúan de maneira independente, senón que estas formas de exclusión están interrelacionadas, creando un sistema de opresión que reflicte a intersección de múltiples formas de discriminación.<ref>{{En}} Modelo desbotado. Use un dos [[Modelo:Modelos de citas|modelos de citas]] no lugar deste marcador.
</ref>
[[Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias que usan o modelo Obra citada]]
[[Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias que usan o modelo Obra citada]]</ref>
 
A interseccionalidade é un [[Paradigma (ciencia)|paradigma]] importante no ámbito académico, ampliando os conceptos de [[xustiza social]] ou [[demografía]], aínda que á súa vez pode dificultar a análise ao incluír múltiples conceptualizacións que explican o modo con que se constrúen categorías sociais e a súa interacción para formar unha [[xerarquía social]].<ref name="arjournals.annualreviews.org">(en inglés) {{Cite journal|last1=Browne|first1=Irene|last2=Misra|first2=Joya|title=The intersection of gender and race in the labor market|journal=Annual Review of Sociology|volume=29|pages=487–513|publisher=Annual Reviews}}</ref> Por exemplo, a intersecionalidade sostén que non hai ningunha experiencia singular propia dunha identidade. En lugar de entender a saúde das mulleres soamente a través do xénero, é necesario considerar outras categorías sociais, como a clase, a discapacidade, a nacionalidade ou a etnia para entender por completo a gama de problemas de saúde das mulleres.
 
A teoría da interseccionalidade tamén suxire que o que parecen ser formas discretas de expresión e opresión están moldeadas por outras nunha relación mutuamente constitutiva (como negro/branco, muller/home ou homosexual/heterosexual).<ref>{{En}} {{Cita libro|título=Queering the Color Line|editorial=Duke University Press|url=http://read.dukeupress.edu/lookup/doi/10.1215/9780822378761}}</ref><ref>[http://www.sexualidadenfamilia.com/2013/04/lo-normal-no-tiene-nombre.html Lo normal no tiene nombre.] </ref> De maneira que para comprender a racialización dos grupos oprimidos, débese investigar as maneiras nas que as estruturas racializadoras, os procesos sociais e as representacións sociais (ou as ideas implicadas en representar grupos e os membros dos grupos na sociedade) están conformadas polo xénero, a clase, a [[sexualidade]], etc.<ref>{{En}} {{Cita publicación periódica|título=An intersectional analysis of lesbian, gay, bisexual, and transgender (LGBT) people's evaluations of anti-queer violence|editorial=SAGE Publications|número=6|volume=26}}</ref> Aínda que a teoría comezou como unha exploración da opresión das mulleres de cor na sociedade estadounidense, hoxe a análise ten o potencial de ser aplicado a todas as categorías, incluídos aqueles status que a miúdo son vistos como dominantes ou autónomos.
 
== Notas ==
Liña 14 ⟶ 13:
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias que usan o modelo Obra citada]]
[[Categoría:Activismo]]
[[Categoría:Discriminación]]