Froita silvestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Berries (USDA ARS).jpg|thumb|Froitos do bosque: amoras, amorodos e arandos.]]
 
'''Froita silvestre'''<ref>[http://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicionario_alimentacion_restauracion.pdf González González, M. (coord.) (2012): Dicionario de alimentación e restauración (galego-castelán-inglés). Santiago de Compostela : Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega]</ref> é a denominación popular e gastronómica coa que se coñece un grupo de [[froita]]s miúdas e [[Comestible|comestíbeis]] que tradicionalmente non se [[agricultura|cultivaban]] senón que medraban en gamallos, arbustos e incluso árbores bravas nos bosques e [[fraga (botánica)|fragas]]. Adoitan ser [[baga]]s doces ou un chisco acedas, zumarentas e intensamente coloreadas. Adoitan empregarse para elaborar [[zume]]s, [[marmelada]]s ou aromatizar bebidas e pratos, especialmente [[sobremesa]]s coma [[pastel|tortas]], [[iogur]]es e [[xeado]]s.
 
A comercialización en Galiza aínda non está xeralizada, con todo, as froitas bravas forman parte da cultura popular, xa que estes froitos son comúns en valados, bosques e camiños de todo o país: [[amora]]s, [[amorodo]]s bravos, [[framboesa]]s e [[arando]]s principalmente.
 
 
Os froitos do bosque son de especial importancia para a fauna salvaxe, e acostuman ser os máis atractivos polas súas cores intensas, que axudan ao espallamento das sementes das plantas. A meirande parte das bagas bravas son froitos do bosque comestíbeis, mais cómpre ter en conta que algúns son velenosos.