CB Peñas Huesca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 18:
O club foi fundado como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca no verán do ano [[1977]] (aínda que constituído legalmente o [[24 de agosto]] de [[1981]]), cando as "peñas" da cidade se adheriron ao proxecto de crear un equipo profesional de [[baloncesto]]. Esta entidade oscense comezou a súa andaina na tempada [[1977]]-[[1978]] na Terceira División e, aos poucos, foi ascendendo até chegar á [[Liga ACB]] na tempada [[1983]]-[[1984]].
 
O debut na ACB saldouse cun descenso pero no curso baloncestístico [[1985]]-[[1986]], tras un ano afastado da elite, o Peñas consolidouse como equipo ACB, iso si, sempre co obxectivo anual de salvar a categoría. Tras conseguir a permanencia nunha eliminatoria contra o [[BC Andorra|Festina Andorra]] en 1996, os directivos do club víronse obrigados a vender a praza de ACB ao [[Baloncesto Fuenlabrada]], xa que a situación económica era insustentable.
 
Ese ano o club é refundado Club Baloncesto Peñas Recreativas de Huesca, e dese xeito, a seguinte tempada disputou a primeira edición da [[LEB]], contando cun orzamento baixo. A tempada non foi boa, aínda que logrou manterse na categoría. No entanto, o Peñas abandonou a LEB trala salvación, mantendo unicamente en competición os seus equipos de canteira na tempada [[1997]]-[[1998]]. Na seguinte tempada, o equipo senior inscribiuse na [[Liga EBA]] e obtivo bos resultados durante o tempo que permaneceu nesta categoría. Nos anos [[2003]] e [[2004]], o club oscense xogou a fase de ascenso á [[Liga LEB|LEB 2]] aínda que non logrou subir de categoría, feito que finalmente se produciu en [[2005]] ao saír vitorioso da fase final do campionato disputada en [[Palencia]].