César Morán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{AELG|}}
Sen resumo de edición
Liña 21:
== Traxectoria ==
Profesor asociado da [[Universidade da Coruña]] entre [[2005]] e [[2010]]. Catedrático de Lingua e Literatura Galega no [[IES Agra do Orzán]] desa mesma cidade, onde reside. Combinou desde moi novo as tarefas musicais e as literarias, colaborando con diversos artigos e traballos para prensa e publicacións periódicas (''[[Luzes de Galiza]]'', ''Agália'', ''A Nosa Terra'', ''[[La Voz de Galicia]]'', ''[[Diario 16 de Galicia]]'', ''[[Unión libre]]'', ''Monfadal'' ou ''Casahamlet''), radio e televisión.
[[Ficheiro:1progalpor.jpg|miniatura|[[César Morán]] Fraga con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: [[Anxo González Guerra]], [[Manuel Castelao]] Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando Valcárcel, [[Manuel Ferreiro Fernández]], [[Tareixa Roca]] Sánchez, [[María dos Anxos González Refoxo|María dos Anxós González Refoxo]], Ramona Giráldez Domínguez, [[María Xosé Queizán]] Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, [[Francisco Salinas Portugal]]. A Coruña, 09/09/2017]]
 
Foi membro fundador de ''Agra'', o primeiro grupo de jazz-rock con raíces folclóricas, actuando como teclista e compositor até a súa disolución en [[1979]]. Pola mesma época traballou como músico no espectáculo ''O velorio'' do grupo de teatro ''Troula''. En [[2003]] e [[2004]] colaborou como músico co [[Centro Dramático Galego]].