Transdución de sinais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
Nas [[célula eucariota|células eucariotas]], a maioría das proteínas intracelulares activadas pola recepción dun ligando no receptor posúen unha actividade encimática, como por exemplo a [[tirosina quinase]] e as [[proteína fosfatase|fosfatases]]. Algunhas delas crean un [[segundo mensaxeiro]] como o [[AMP cíclico]] e o [[Inositol trifosfato|IP<sub>3</sub>]], este último controla a liberación dos depósitos de [[calcio]] intracelular no citoplasma. Outras proteínas activadas interaccionan con [[proteína adaptadora|proteínas adaptadoras]] que facilitan as interaccións das proteínas de sinalización e a coordinación de complexos de sinalización necesarios para responder a un estímulo particular. Os encimas e as proteínas adaptadoras responden a varias moléculas de segundos mensaxeiros.
 
Moitas proteínas adaptadoras e encimas activados como parte da transdución de sinais posúen [[dominio proteico|dominios proteicos]] especializados, que se unen a moléculas de segundos mensaxeiros específicas. Por exemplo, os ións calcio únense aos dominios de tipo [[man EF]] da [[calmodulina]], o que lle permite unirse e activar a [[quinase dependente de calmodulina]]. O [[PIP3|PIP<sub>3</sub>]] e outros [[fosfoinosítido]]s fan o mesmo co [[dominio de homoloxía de pleckstrina]] que presentan proteínas como a [[proteína quinase]] [[AKT]].
 
==== Asociación coa proteína G ====
Liña 46:
 
==== Integrinas ====
As integrinas prodúcense en moitos tipos de células, e xogan un papel na adhesión dunha célula a outra e coa [[matriz extracelular]], e na transdución de sinais desde compoñentes da matriz extracelular como a [[fibronectina]] e o [[coláxeno]]. A unión de ligandos ao dominio extracelular das integrinas fai mudar a conformación da proteína, agrupándoa na membrana celular para iniciar a transdución de sinais. As integrinas carecen de actividade quinase, polo que a transdución de sinais na que median realízase por medio de diversas [[proteína quinasesquinase]]s intracelulares e moléculas adaptadoras, das cales o principal coordinador é a [[quinase unida á integrina]].<ref name=hehlgans>Hehlgans, S. Haase, M. and Cordes, N. (2007). "Signaling via integrins: Implications for cell survival and anticancer strategies". Biochim. Biophys. Acta. 1775 (1): 163–180. doi:10.1016/j.bbcan.2006.09.001. PMID 17084981.</ref> A sinalización integrina-RTK cooperativa determina a temporización da supervivencia celular, [[apoptose]], [[crecemento celular|proliferación]], e [[diferenciación celular|diferenciación]].
 
Hai importantes diferenzas entre a sinalización das integrinas en células sanguíneas circulantes e en células non circulantes como as [[célula epitelial|epiteliais]]. As integrinas das células circulantes son normalmente inactivas. Por exemplo, as integrinas da membrana celular dos [[leucocito]]s circulantes mantéñense en estado inactivo para evitaren a adhesión a células epiteliais; soamente se activan en resposta a estímulos como os que reciben nos sitios onde hai unha [[inflamación]]. De xeito similar, as integrinas da membrana celular de [[plaqueta]]s circulantes mantéñense normalmente inactivas para evitar a [[trombose]]. As células epiteliais (que son células non circulantes) normalmente teñen integrinas activas na súa membrana celular, que axudan a manter a súa adhesión estable ás células estromáticas subxacentes, que proporcionan sinais para manter o funcionamento normal.<ref name=gilcrease>{{Cita publicación periódica|author=Gilcrease MZ.|title=Integrin signaling in epithelial cells|journal=Cancer Lett.|volume=247|issue=1|pages=1–25|year=2006|pmid=16725254|doi=10.1016/j.canlet.2006.03.031}}</ref>