Toponimia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 20:
En diversos países europeos algúns lingüistas son considerados os abandeirados do establecemento da toponimia. Deben destacarse en Francia [[Marie Henri d'Arbois de Jubainville|D'Arbois de Jubainville]], [[Auguste Longnon]], [[Albert Dauzat]]; na Alemaña H. Groehler, E. Gamillscheg, [[Gerhard Rohlfs]]; en Italia V. Bertoldi. En Bélxica Carnoy, [[Auguste Vincent]]. Na Suíza, Hubschmied e [[Paul Aebischer]]. En Portugal, como en tantas outras cousas, o pioneiro foi [[José Leite de Vasconcelos]]. Algúns deles emprestaron tamén atención á Península Ibérica, na que destacan a [[Ramón Menéndez Pidal]], [[Antonio Tovar]], [[Johannes Hubschmid]], [[Joan Coromines i Vigneaux|Joan Coromines]]), [[Antoni Badia i Margarit]], [[Manuel Alvar]], A. Griera, ou [[Luis Michelena]]. Varias revistas especializadas aglutinaran as investigacións onomásticas, das que compre destacar ''[[Onoma]]'', un boletín bibliográfico creado en 1950, en [[Lovaina]].
 
Tamén en América se desenvolveran entrementres as investigacións toponímicas. EnNo Canadá destacou [[Robert Douglas]]. Nos Estados Unidos cómpre salientar a [[Robert L. Ramsay]] como fundador de toda unha escola onomástica. Os esforzos canalizáronse a través da revista ''[[Names]]'', desde 1953, vinculada á [[Universidade de Berkley]]. Non faltan tampouco toponimistas en Latinoamérica: [[Ricardo L.J. Nardi]] na Arxentina ou [[Bernardo Pedral Sampaio]] no Brasil.
 
Para o estudo da toponimia galega, á parte dalgún dos antes citados (Leite de Vasconcelos, Menéndez Pidal, Coromines) son primordiais os estudos de [[Joseph-Maria Piel]], [[Abelardo Moralejo Laso]], [[Luís Monteagudo|Luís Monteagudo García]], [[Manuel Rabanal Álvarez]], [[José Luís Pensado Tomé]], [[Isidoro Millán González-Pardo]], [[José Santiago Crespo Pozo]], [[Juan José Moralejo Álvarez]], [[Eligio Rivas Quintas]], [[Nicandro Ares Vázquez]], [[Fernando Cabeza Quiles]], [[Gonzalo Navaza]], [[Edelmiro Bascuas]]. Non houbo unha revista especializada na Galiza ata que o irmán marista [[Manuel Rodríguez Rodríguez]] (1898-1975) fundou o [[Seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía, Toponimia e Onomástica de Galicia]], en 1972, con sede no colexio maior Xelmírez, que publica un boletín. Mais a maioría dos traballos toponímicos están dispersos por varias publicacións, non sendo raro que mesmo aparezan en xornais.