Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 128:
== Paleosuchus ==
 
Ola Marcio. Como sempre temos que aternos ás referencias que hai e, por tanto, hai que usar esas que puxeches ti, polo que non estou en desacordo cos cambios. Outra cousa é que o nome elixido no Dicionario da Deputación non me pareza moi axeitado. Caimán almiscreiro é un nome pouco usado (e tería que ver onde ten o almiscre ese animal, que non o sei); desde logo non é un nome moi internacional. En cambio, eses animais caracterízanse por ser os máis pequenos dentroentre dosos caimáns, polo que lles cadra ben o nome de ananos, usado en moitos idiomas. Á especie máis pequena de crocodilos (viven en África) tamén se lle chama crocodilo anano. Por outro lado, a caimán almiscreiro '''do Brasil''' tampouco lle vexo o sentido, xa que as dúas especies de caimán almiscareiro viven no Brasil. Pero tampouco son endemismos do Brasil nin o Brasil é a área abrumadoramente maior dese animal, xa que tamén viven en todos os países limítrofes de Brasil arredor da Amazonia e cunca do Orinoco.
 
Caimán anano de Cuvier ven no BUSCatermos como sinónimo de caimán almiscareiro común (se clicas no nome para abrir a información), pero dá como referencia o Dicionario da Deputación, do que eu non dispoño. Se ti o tes e dis que non aparece nel, entón igual hai que quitar ese nome tamén. Fai como vexas.-