Fenicios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 11:
Cada cidade tiña o seu rei e o seu consello de anciáns (integrado por uns 100 membros). As súas actividades económicas eran principalmente o comercio marítimo de [[vidro]], [[metais]], [[madeira]] de [[cedro]] (que sacaban de Biblos) e tecidos (que tinguían co caracol do Mediterráneo, o [[múrice]]). Desta forma, constituíronse nas máis poderosas [[talasocracia]]s do Mediterráneo, a imaxe da extinta [[civilización minoica]]. As súas rutas comerciais chegaban ata as [[Casitérides]] no [[Atlántico]].
 
Os fenicios enviaron barcos mercantes por todo o [[Mediterráneo]] para fundar [[Colonialismo|colonias]] nas súas beiras, desde [[Asia Menor]] ata a [[Península Ibérica]], como [[Trípoli, Líbano|Trípoli]], Gadir ([[Cádiz]]), Sexi (arrozz[[Almuñécar]]), Rusadir ([[Melilla]]) e Malaka ([[Málaga]]). Con todo a súa colonia de maior importancia foi [[Cartago]], ao norte de África, que se independizou trala ocupación de Fenicia por parte dos [[Asiria|asirios]].
 
Despois de períodos consecutivos de dominación [[asiria]], [[Persia|persa]] e [[Reino de Macedonia|macedónica]], a rexión de orixe dos fenicios perdeu o seu poder, ao paso que unha das colonias fenicias do Mediterráneo, [[Cartago]], ascendeu como un dos portos máis importantes do Mediterráneo. Nun intervalo de 120 anos, entre os séculos [[século -III|III]] e [[século -II|II]] a.C., os fenicios de Cartago disputaron o control do Mediterráneo o [[Imperio Romano]] nas chamadas [[guerras púnicas]].