Galicia na Segunda República: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 27:
Decreta a compatibilidade entre a soberanía nacional e o poder autonómico, desde o punto de vista de que aínda que o Estado se configuraba de forma integral, aceptábase a posibilidade de constituír gobernos autónomos nalgunhas rexións.O poder lexislativo residía nas Cortes (unicamerais), o poder executivo no Consello de Ministros e no Presidente da República, asentándose a independencia do poder xudicial. Porén, o poder lexislativo primaría sobre o executivo.
 
Tamén se establece a separación efectiva entre Igrexa e Estado (liberdade de culto, prohibición da Igrexa no ensino e nas actividades económicas,...).
 
==Forzas Políticas e sindicais==
As forzas políticas e sindicais eran moi variadas. Eran de carácter republicano, por norma xeral, a pequena burguesía, a clase media, e no caso galego tamén algúns propietarios de ·"grandes empresas". Forzas políticas republicanas galegas eran:
===Forzas políticas republicanas galegas===
Eran:
*A '''O.R.G.A.''' ([[Organización Republicana Gallega Autónoma]]), que nace na [[Coruña]] con dúas compoñentes: o [[Casino Republicano]] e as [[Irmandades da Fala]] (capitaneadas por [[Antón Vilar Ponte]]), cuxo principal dirixente era [[Santiago Casares Quiroga]].
 
Liña 38 ⟶ 41:
Estes partidos van confluír, a partir de 1934,mediante o método da fusión ao partido estatal [[Acción Republicana]] (capitaneado por [[Manuel Azaña]]), formando, xunto con outros moitos partidos de esquerda, a [[Izquierda Republicana]] e a [[Unión Republicana]].
 
===Forzas políticas obreiras===
As forzas políticas obreiras máis destacadas que operaban en [[Galiza]] eran:
*O '''PSOE''' ([[Partido Socialista Obrero Español]]): foi o máis importante tanto no conxunto do Estado español como no noso país, onde contaba cuns 3000 militantes. Contaba con importantes agrupacións en [[Ferrol]] e en [[Vigo]]. Vaise ir radicalizando durante a República, chegando a disputarse o poder do partido dúas tendencias distintas, de sorte que había un sector máis moderado e outro de carácter [[bolchevique|bolcheviquizante]]. Electoralmente non pesa tanto como os republicanos, mais ten aceptación nas provincias da [[Coruña]] e [[Pontevedra]].
 
*Outro destes partidos era o '''PCE''' ([[Partido Comunista Español]]), partido que nun primeiro momento se opón á República. Contaba en [[Galiza]] cunha certa importancia, sobre todo no [[Golfo Ártabro]], [[Vigo]],[[Pontevedra]], [[Santiago de Ciompostela]], [[Viveiro]] e nas sociedades agrarias [[Ourense|ourensás]]. Alcanza en Vigo impotancia nas conserveiras, no sector ferroviario,... Acadou arraigo nas asociacións agrarias dos arredores das cidades de Pontevedra e de [[Ourense]] (onde monta unha federación campesiña).
 
*O '''POUM''' ([[Partido Obreiro de Unificación Marxista]]), tiña importancia en Santigo de Compostela, en [[Ribeira]] e en asociacións culturais e intelectuais.
 
*O [[anarquismo]] vén dado pola '''CNT-FAI''' ([[Confederación Nacional de Trabajadores-Federación Anarquista Ibérica]]), con 14000 afiliados na Coruña, e cun aspecto máis moderado no conxunto de Galiza. O dirixente principal en Galiza foi [[Xosé Villaverde]]. A CNT non se integrou no réxime republicano, aínda que nas eleccións de Febreiro de 1936 pediulle aos seus afiliados que votasen polo confederación de partidos de esquerda [[Fronte Popular]], unidos para derrotar as dereitas nestas eleccions,baixo a dirección de Manuel Azaña.
 
===Forzas nacionalistas===
O principal partido de corte nacionalista en Galiza foi o '''[[Partido Galeguista]]''', o cal contaba con figuras da talla de [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Luís Tobío]], [[Vicente Risco]], [[Ramón Vilar Ponte]], [[Antón Vilar Ponte]], [[Ricardo Carvalho Calero]], [[Aleixandre Bóveda]] ou [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]]. Debido a que para as eleccións de 1936 o Partido Galeguista decidiu a sús unión á Fronte Popular, [[Vicente Risco]], que xa realizara a súa viaxe a [[Alemaña]] e que xa comezaba a simpatizar timidamente co [[fascismo]] e co [[nazismo]], non podía soportar que o Partido Galeguista (o cal, lembremos, fora na súa orixe un partido de tendencia dereitista), concurrise ás eleccións na mesma confederación política que comunistas e socialistas. Por este motivo, el e mais un reducido grupo de militantes escindíronse do Partido Galeguista e fundaron a '''[[Dereita Galeguista]]'''.
 
===Forzas conservadoras===
Os partidos antirrepublicanos podían ser de dous tipos: ou ben respectaban a República, como a '''CEDA''' ([[Confederación Española de Derechas Autónomas]]) ou a '''URD''' ([[Unión Republicana de Derechas]]), sendo este último un partido de masas monárquico-católico; ou ben eran de extrema dereita. Entre estas últimas achamos '''[[Renovación Española]]''' (representada en [[Galiza]] por [[Leopoldo Calvo Sotelo]]), a '''[[Comunión Tradicionalista]]''' (constituída por [[carlistas]]) e a '''[[Falange Española]]''' (a cal contaba con poucos militantes en Galiza antes da [[Guerra Civil]]).
 
===Forza centrista===
Por indicacións de [[Niceto Alcalá Zamora]], presidente da República ata Febreiro de 1936, [[Manuel Portela Valladares]], colaborador do presidente desde os primeiros días da República, creou un partido de centro que pretendía estabelecera unha terceira forza política que superase a dicotomía esquerda-dereita, xa que aínda que Alcalá Zamora era de dereitas, se negaba a que a CEDA conseguise facerse co goberno de España, como sucedera no 1933. Mais o partido non tivo aceptación porque non tiña apoio popular nin unha proganada convincente. Así pois, non pasou de ser unha frustrada tentativa de organizar un verdadeiro centro na II República.
 
==Os problemas específicos de Galiza==