Aizkolari: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "AizkolariakDonostia.jpg" que foi borrado en Commons por Ronhjones. Motivo: Copyright violation: The Sigfrido Koch Collection is under a CC BY-ND lic...
Liña 8:
 
== Orixe ==
Ten a súa orixe na explotación dos bosques para a obtención de madeira, materia prima básica na construción e na produción de carbón vexetal. Este traballo realizábase por cuadrillas que acampaban nos bosques. Os membros máis novos o fortes cortaban as árbores e os máis vellos desgaxaban, quitaban pólas e cortizas e partían os troncos en anacos do tamaño necesario. A competencia por demostrar a maior forza ou habilidade xeraba poxas que, como no caso doutros deportes rurais, levaban a desafíos na praza pública, fóra do [[traballo produtivo]].
 
Aínda que se rexistraron moitos tipos de actos públicos en celebracións no [[País Vasco]], non hai datos de exhibicións de aizkolaris antes do [[século XIX]]. As narracións dese século non rexistran os nomes propios dos competidores, aparecendo como "un de Beizama", "o fillo da casa Gorrizu", "cuadrilleiro de Nuarbe", "o do casarío Beunza" etc.